Universidade da Coruna
Técnicas acústicas y software libre : aplicaciones en la gestión costera
Abstract
dc:description.abstract[Resumo] As técnicas acústicas son as ferramentas adoitadas para o estudio dos fondos mariños na zona costeira somerxida, debido á súa capacidade de penetración na columna de auga, moito maior que a da luz. Sen embargo, inda contan con inconvenientes importantes para o seu uso xeneralizado: i) custe elevado, ii) falta de metodoloxías abertas e iii) formación específica necesaria. Achegar as técnicas acústicas ós usuarios require: empregar equipos económicos, definir metodoloxías abertas que non dependan do software comercial e facer un esforzo por desmitificar estas técnicas, facendo os coñecementos físicos alcanzables. Seguindo esta motivación, preséntanse catro aplicacións ó estudio dos hábitats bentónicos da zona costeira: cálculo de batimetrías empregando sondas monohaz e información cartográfica dixital, clasificación de hábitats bentónicos que aproveita os beneficios dunha corrección física dos datos, estimación das estruturas vexetais situadas sobre o fondo empregando un sónar de barrido lateral orientado verticalmente, e cartografado de bancos de bivalvos endobentónicos empregando unha sonda de haz partido. Todas estas aplicacións empregan equipos de baixo custe (ou con baixos custes previsibles nun futuro próximo) e software libre desenvolvido para analizar os datos acústicos, o que aporta versatilidade e transparencia ás metodoloxías, facilitando o acceso de tódolos usuarios a estas ferramentas.
Author and committee
dc:creator, dc:contributor.*- Author dc:creator
-
- Sánchez-Carnero, Noela
- Advisors dc:contributor.advisor
-
- Freire, Juan
- Rodríguez Pérez, Daniel
Subjects
dc:subject × 3Rights
dc:rights.accessrights- Statement dc:rights.accessrights
-
- open access
- Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido desta tese a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo da tese como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de esta tesis a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen de la tesis como a su contenido
- Language dc:language.iso
- spa
Identifiers
dc:identifier.*- Handle dc:identifier.uri
- https://hdl.handle.net/2183/10015