Back to search

Universidade da Coruna

Violencia de género y cultura

Abstract

dc:description.abstract

[Resumo]Neste estudo preséntase unha breve descrición do problema que se investigou: ata que punto as variables culturais mediatizan o comportamento de malos tratos; nel tratouse o problema dos malos tratos ás mulleres, que xera gravísimas consecuencias para a súa saúde e o seu benestar e as dimensións culturais. O concepto Cultura da Honra ten gran importancia como variable que pode explicar ou incidir na violencia contra as mulleres; esta Cultura da honra xustificaría e empregaría a violencia como forma de defender a honra e dominar a relación. As dimensións culturais, están asociadas a variables ecolóxicas, económicas e sociodemográficas, así como a indicadores macrosociais; nas variables socioeconómicas, o índice de desenvolvemento humano (IDH), combina 3 compoñentes básicos: lonxevidade, educación e nivel de vida; o IDH, é a mellor medida de desenvolvemento. As sociedades con menor desenvolvemento económico, menor educación, menor esperanza de vida e menores ingresos, menos urbanizadas e con grandes diferenzas sociais entre ricos e pobres, comparten valores máis xerárquicos e autoritarios. Neste estudo participaron 100 mulleres, vítimas de violencia de xénero, procedentes de distintas localidades de Galicia, que completaron un cuestionario no que se mediu a cultura da honra, o sexismo, a violencia, as dimensións culturais e o nivel de estudos. A metodoloxía foi fundamentalmente descritiva. O material que se empregou, foi un cuestionario, ao cal, as mulleres respondían de forma individual, que contiña as seguintes escalas: Entrevista Semiestructurada, Escala da Cultura da Honra (Lòpez-Zafra, 2007a), Escala de Ideoloxía do Rol (Moya e Expósito, 2000), Cuestionario Internacional VSM-94 (Hofstede, 1994) e Escala de Individualismo/Colectivismo Horizontal e Vertical (Singelis e Triandis, 1995). O procedemento, é un estudo transversal, aplicouse nunha soa ocasión, anónimo e sín dar seguimento á enquisa. A observación do fenómeno que se considera a causa, serían as variables independentes: distancia do poder, masculinidade-feminidade; individualismo-colectivismo; tolerancia á incertidumbre; orientación a longo/corto prazo; sexismo e aspectos legais da Cultura da honra, e as variables dependentes serían: maltrato físico e maltrato psicolóxico. Fíxose a análise dos datos: fíxose a corrección do cuestionario das 100 participantes e introducíronse todos os ítems nunha folla de cálculo de Excell. Transformáronse os datos co software de análise estatística e de tratamento de datos SPSS. 16.0 e analizáronse os datos. Asi, estudáronse as circunstancias de malos tratos sufridas e en función da magnitude das variables analizáronse as relacións entre as diferentes circunstancias de malos tratos nas mulleres da mostra. Buscouse atopar unha relación significativa entre os malos tratos, as dimensións culturais, o sexismo e a percepción que se ten da cultura da honra, na poboación obxecto de estudo. A cultura é o predictor máis importante da conduta agresiva.

Author and committee

dc:creator, dc:contributor.*
Author dc:creator
  • San Martín García, Antonia F.
Advisor dc:contributor.advisor
  • Clemente, Miguel

Subjects

dc:subject × 23

Rights

dc:rights.accessrights
Statement dc:rights.accessrights
  • open access
  • Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido desta tese a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo da tese como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de esta tesis a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen de la tesis como a su contenido
Language dc:language.iso
spa

Identifiers

dc:identifier.*
Handle dc:identifier.uri
https://hdl.handle.net/2183/10025

Chain of custody

source
Harvested from
Universidade da Coruna
Base URL
ruc.udc.es/rest/oai/request
Last updated
2026-11-26
Source record
OAI-PMH GetRecord
citation

San Martín García, Antonia F.. Violencia de género y cultura. 2012. https://hdl.handle.net/2183/10025