Universidade da Coruna
Identificación de stocks de rape ("Lophius piscatorius") en aguas del suroeste europeo
Abstract
dc:description.abstract[Resumo] A xuliana, Lophius piscatorius, é unha das especies de maior valor comercial das pesqueiras de fondo do suroeste de Europa. No Atlántico Nordeste considéranse 3 stocks definidos en función de criterios de avaliación e xestión. Nesta tese de doutoramento explórase se a actual estrutura de stock no suroeste de Europa posúe un fundamento biolóxico. No capítulo 1, expóñense as características biolóxicas da especie, a súa pesqueira e o proceso de avaliación e xestión deste recurso. No capítulo 2 detállanse os obxectivos do traballo e no capítulo 3 resúmese o material e métodos xerais empregados. Os capítulos 4 e 5 tratan sobre o uso da análise morfométrica de otólitos e dos parásitos como biomarcadores en estudos de identificación de stocks da xuliana. No capítulo 6 discútense os resultados obtidos de ambas as dúas técnicas de identificación de stocks, complementándoos con información procedente de estudos previos que aplicaron xenética, morfoloxía corporal e marcado-recaptura. No capítulo 7, mediante un exercicio práctico de avaliación, analízanse as implicacións de considerar un único stock sobre a percepción do estado de explotación da xuliana.
Author and committee
dc:creator, dc:contributor.*- Author dc:creator
-
- Cañás Ferreiro, Lucía
- Advisors dc:contributor.advisor
-
- Sampedro Pastor, M. Paz
- Fariña Pérez, Antonio Celso
Subjects
dc:subject × 2Rights
dc:rights.accessrights- Statement dc:rights.accessrights
-
- open access
- Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido desta tese a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo da tese como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de esta tesis a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen de la tesis como a su contenido
- Language dc:language.iso
- spa
Identifiers
dc:identifier.*- Handle dc:identifier.uri
- https://hdl.handle.net/2183/10050