Back to search

Universidade da Coruna

Remediación de suelos forrajeros contaminados con metales pesados : impacto de la aplicación de residuos orgánicos y fitoextracción

Abstract

dc:description.abstract

[Resumo] O obxectivo desta tese foi estudar a fitorremediación asistida en solos contaminados con metais, tendo en conta experimentos de compostaxe, descomposición e fitotoxicidade con varias emendas que foron feitos en laboratorio, invernadoiro e campo. Estudouse a acción de diversos refugallos orgánicos sobre as perdas de nitróxeno nas fases de aplicación e almacenamento. Tamén se avaliou o efecto que produce o tempo de compostaxe nestas perdas e mais a evolución do carbono. Observáronse as posibilidades de mobilidade dos metais pesados e estudouse o uso de emendas con calcio, compós de biosólido e mais fitoremediación, por separado ou en combinación. Os resultados indican que durante a compostaxe as perdas de amoníaco son inevitables. Estendeuse o estudo a outros refugallos orgánicos, como o esterco de equino e de vacún. A mineralización diferencial dos residuos orgánicos supuxo perdas de amoníaco en función da emenda usada. Observouse que a respiración dos microorganismos está ligada a descomposición dos abonos, a cal aumentou con tempo do ensaio. Diste xeito os estercos sen estabilización previa evidenciaron altas taxas de respiración. Ademais avaliáronse os efectos fitotóxicos das distintas emendas. O ensaio realizado con raigrás, especie común nos pastos pampeanos, mostrou que os efectos fitotóxicos dependen principalmente do pH e mais da condutividade eléctrica. Estes efectos observáronse tanto no retraso do momento da xerminación como na súa porcentaxe. Unha vez determinados os efectos ambientais do uso de diferentes refugallos orgánicos, optouse por continuar os estudos co compós de biosólidos. Avaliouse si su o seu uso favorecía a contaminación con metais pesados nos solos onde eran aplicados. A adición o solo contaminado de emenda con caliza produciu a redución da biodisponibilidade de Cd y Zn, mostrando efecto directo na remediación de sitios contaminados. O uso conxunto con compós podería ser ademais unha opción viable para a mellora da fertilidade física e química dos solos a remediar. Finalmente, estudouse o uso do compós de biosólidos e mais o uso da fitorremediacion con Festuca rubra na mellora de solos contaminados con cadmio, cobre, chumbo e cinc. Os resultados dos experimentos en columnas axudaron a clarificar este aspecto. A aplicación de compós presentou un impacto ambiental positivo. Debido o incremento da biomasa evidenciouse a reducción do efecto da erosión hídrica e mais eólica diminuíndo desta forma la dispersión do horizonte superficial contaminado deica outras áreas. O incremento da relación de Cd e Pb aéreo/raíz coa aplicación de compós permitiu potenciar o efecto fitoremediador da festuca, debido a posibilidade de colectar en maior proporción o metal absorbido. No solo observouse a maior mobilidade das fraccións extraíbles con DTPA fronte as fracción totais. A aplicación de compós con o sen planta diminuíu a mobilización do Zn, Cu y Cd total, o que limita a súa posible lixiviación a prol dos horizontes inferiores, sen embargo este efecto non se evidenciou na fracción extraíble con DTPA. Convén discutir estes dados cos resultados dos lixiviados . No ensaio de lixiviación a través dos horizontes dun solo típico da Rexión Pampeana demostrouse que o horizonte Bt presenta unha barreira a la lixiviación de metais. A aplicación de unha doses de emenda orgánica e mais o cultivo sucesivo, non influíron na lixiviación de metais. Para os niveis de contaminación estudados, los lixiviados obtidos non presentaron concentracións que superen os límites establecidos polos estándares de calidade de auga de bebida. Isto permitiríanos concluír, xa que logo, que a fitorremediacion asistida e unha práctica aconsellada para a remediación de áreas extensas contaminadas con metais pesados.

Author and committee

dc:creator, dc:contributor.*
Author dc:creator
  • Zubillaga, Marta Susana
Advisors dc:contributor.advisor
  • Fernández Cirelli, Alicia
  • Paz-González, Antonio

Rights

dc:rights.accessrights
Statement dc:rights.accessrights
  • open access
  • Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido desta tese a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo da tese como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de esta tesis a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen de la tesis como a su contenido
Language dc:language.iso
spa

Identifiers

dc:identifier.*
Handle dc:identifier.uri
https://hdl.handle.net/2183/10061

Chain of custody

source
Harvested from
Universidade da Coruna
Base URL
ruc.udc.es/rest/oai/request
Last updated
2026-11-26
Source record
OAI-PMH GetRecord
related terms
citation

Zubillaga, Marta Susana. Remediación de suelos forrajeros contaminados con metales pesados : impacto de la aplicación de residuos orgánicos y fitoextracción. 2012. https://hdl.handle.net/2183/10061