Abstract
dc:description.abstract[Resumo] Este traballo de investigación ten como obxectivo principal realizar o primeiro estudo histórico-descritivo dos diferentes procesos de formación de palabras en que interveñen afixos, con base nunha selección textual representativa do galego medieval. O corpus, en que analizaremos as diferentes clases de afixación (prefixación, sufixación, parasíntese e derivación regresiva), está delimitado á produción literaria, de modo que se estende do século XIII ao XV. Alén disto, a descrición dos prefixos, sufixos, parasintéticos e regresivos, permitiranos observar a mudanza lingüística que estes sofren ao longo dos séculos e que semella estar sometida a variábeis de produtividade e de concorrencia afixal, feito que pode derivar nunha rivalidade e futura substitución. Para levarmos a cabo este estudo, foi preciso contextualizarmos o fenómeno da afixación; así, primeiramente, ofrecemos un panorama histórico da formación de palabras na teoría lingüística xeral e nos estudos galego-portugueses e, a seguir, elaboramos unha revisión da afixación e dos seus diferentes mecanismos. Neste sentido, destaca o feito de estudarmos unicamente as formacións afixais que se produciren no mesmo sistema lingüístico. Finalmente, explotamos o resultado dos datos deste estudo coa construción do Dicionario de afixos do galego medieval, que conforma o primeiro dicionario temático de afixos.
Author and committee
dc:creator, dc:contributor.*- Author dc:creator
-
- López-Viñas, Xoán
- Advisor dc:contributor.advisor
-
- Ferreiro, Manuel
Subjects
dc:subject × 23- Affixation
- Diachrony
- Dictionary of affixes in mediaeval galician
- Word formation
- Mediaeval galician
- Historical grammar
- History of language
- Lexicography
- Portuguese
- Synchrony
- Afijación
- Diacronía
- Dicionario de afixos do galego medieval
- Formación de palabras
- Gallego medieval
- Gramática histórica
- Historia de la lengua
- Lexicografía
- Portugués
- Sincronía
- Afixación
- Galego medieval
- Historia da lingua
Rights
dc:rights.accessrights- Statement dc:rights.accessrights
-
- open access
- Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido desta tese a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo da tese como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de esta tesis a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen de la tesis como a su contenido
- Language dc:language.iso
- glg
Identifiers
dc:identifier.*- Handle dc:identifier.uri
- https://hdl.handle.net/2183/10079