Back to search

Universidade da Coruna

A study of the physical properties of carbon nanofiber reinforced polypropylene composites

Abstract

dc:description.abstract

[Resumo]Os polímeros termoplásticos son coñecidos, en xeral, pola súa ampla empregabilidade en extrusión e moldeamento, cunha gran variedade de aplicacións tales como a embalaxe, os téxtiles e os compoñentes para a industria do automóbil. Unha tentativa de aumentar a súa aplicabilidade implica a incorporación de partículas nanométricas con propiedades eléctricas e mecánicas intrínsecas no interior da matriz termoplástica. Entre os diversos tipos de aditivos, as nanofibras de carbono, CNFs, demostran un potencial elevado debido ás súas características eléctricas e mecánicas, similares aos nanotubos de carbono, CNTs, pero cun custo asociado máis reducido. Estas características, relacionadas coa relativa facilidade de incorporación e dispersión en polímeros, aumentaron o interese nas CNFs como novos materiais capaces de achegaren solucións nalgunhas aplicacións innovadoras para os materiais compósitos. As CNFs poden ser preparadas con diámetros de dimensións nanométricas e dan lugar a materiais cunha razón lonxitude/diámetro bastante elevada. Neste traballo foron utilizadas nanofibras Pyrograf [Applied Sciences Inc. (ASI), Ohio, EUA], procesadas por evaporación química de fase vapor, CVD, que revelan unha morfoloxía similar a unha serie de vasos amoreados. Asociadas á súa elevada área superficial específica, as CNFs tenden a formar agregados que poderán reducir as propiedades dos nanocompósitos onde estas son inseridas, especialmente de non se producir a súa dispersión de maneira correcta e uniforme. O éxito para a aplicación das CNFs está estreitamente vinculado ao coñecemento do seu grao de dispersión nas propiedades finais dos nanocompósitos. Con base nesta premisa, realizouse un estudo intensivo en compósitos de CNTs e CNFs de base polimérica, motivado pola importancia da influencia dalgúns factores chave: morfoloxía, dispersión e distribución das nanofibras na matriz polimérica, interacción polímero-nanofibra e relación coas propiedades do posprocesamento. Co fin de definir de forma clara e sistemática a relación entre o procesamento, a morfoloxía e as propiedades finais, é importante identificar inicialmente as vantaxes e desvantaxes da contribución de cada compoñente (CNFs, matriz polimérica e método de procesamento) nas propiedades eléctricas, térmicas e mecánicas. Este estudo aséntase na introdución de diferentes tipos de nanofibras de carbono nunha matriz de polipropileno, PP, procesados nunha extrusora de duplo fuso. Esta técnica emprégase amplamente na industria de transformación de plásticos, o que permitirá un “scale-up” e a consecuente produción en masa que promoverá unha boa relación calidade/prezo destes materiais compósitos. O principal obxectivo deste traballo ten que ver coa investigación e o control do efecto das diferentes estruturas intrínsecas das CNFs nas propiedades morfolóxicas, térmicas, mecánicas, eléctricas, reolóxicas e electromecánicas dos nanocompósitos de CNF/PP. Inicialmente, catro tipos de CNFs (Pyrograf®-III VGCNF) foron sistematicamente incorporados na mesma matriz de polipropileno a través da extrusión de duplo fuso e mesturados so un efecto de corte relativamente elevado. Axiña ficou caracterizada a relación entre a morfoloxía e as propiedades térmicas, mecánicas e eléctricas. A morfoloxía foi analizada por microscopia electrónica de varrido, SEM, e a través dunha análise de escala de cincentos, GSA, con base en microscopia óptica de transmisión, LOM. As propiedades térmicas foron caracterizadas a través de ensaios de termogravimetría, TGA, e calorimetría diferencial de varrido, DSC. Como resultado desta caracterización, a evolución da morfoloxía e a distribución das CNFs na matriz polimérica foi correlacionada. Posteriormente, as propiedades reolóxicas e eléctricas dos nanocompósitos illantes e condutores foron estudadas e correlacionadas coa finalidade de avaliar a análise reolóxica como ferramenta útil que permita diferenciar comportamentos condutores dos non-condutores neste tipo de sistemas. Finalmente, a última parte deste estudo dedicouse á caracterización das propiedades electromecánicas destes compósitos para aplicacións como materiais transdutores. Este estudo establece os contidos e as estruturas máis axeitadas das CNFs para as propiedades físicas desexadas dos nanocompósitos de polipropileno baseados nas nanofibras de carbono. En particular, os nanocompósitos procesados con CNFs con elevados contidos de grafito na parede exterior e con tratamentos térmicos a 1500 ºC posúen resposta eléctrica e exhiben uns baixos límites de percolación e uns requisitos próximos dos escudos de protección electromagnéticos e de radiofrecuencia, EMI/RFI. Por outra parte, os nanocompósitos procesados con CNFs, en que a camada exterior foi removida por efecto pirolítico, revelaron posuír un bo desempeño mecánico; porén, estes mostraron ser illantes eléctricos para a mesma cantidade de carga no interior da matriz de PP. As análises termogravimétricas amosan un aumento da estabilidade térmica dos nanocompósitos poliméricos co aumento da concentración de CNF na matriz de PP. Os ensaios por DSC amosaron un incremento da estabilidade térmica dos nanocompósitos poliméricos co aumento da concentración de CNF na matriz de PP. O DSC sinalou un aumento do grao de cristalinidade coa inclusión de nanofibras de carbono, independente do tipo e concentración das CNF. O grao de dispersión avaliado mediante o uso de LOM e GSA amosou unha correlación entre a concentración de carga e a variancia, un parámetro que permite cuantificar a dispersión: canto máis elevada sexa a variancia, mellor será a dispersión dos aglomerados de CNF na matriz polimérica. Detectouse unha diferenza nas propiedades viscoelásticas entre os nanocompósitos condutores e illantes. As propiedades reolóxicas permitiron establecer unha relación viscosidade–propiedades eléctricas dos compósitos. Por outra banda, os nanocompósitos condutores de CNF/PP amosaron unha resposta piezorresistiva máis elevada e unha meirande variación da resistividade eléctrica na presenza dunha acción mecánica externa, para concentracións preto do límite de percolación eléctrico. Finalmente, foi caracterizada a dependencia do factor de Gauge, GF, parámetro asociado á resposta piezorresistiva, en función da deformación mecánica e da velocidade de deformación. Neste sentido, ficou demostrado que os nanocompósitos condutores obtidos no ámbito deste estudo poderán ser utilizados como sensores.

Author and committee

dc:creator, dc:contributor.*
Author dc:creator
  • Paleo Vieito, Antonio J.
Advisors dc:contributor.advisor
  • Ares-Pernas, Ana
  • Lanceros Méndez, Senentxu
  • Hattum, Ferrie Wander Joseph van

Subjects

dc:subject × 2

Rights

dc:rights.accessrights
Statement dc:rights.accessrights
  • open access
  • Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido desta tese a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo da tese como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de esta tesis a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen de la tesis como a su contenido
Language dc:language.iso
eng

Identifiers

dc:identifier.*
Handle dc:identifier.uri
https://hdl.handle.net/2183/10083

Chain of custody

source
Harvested from
Universidade da Coruna
Base URL
ruc.udc.es/rest/oai/request
Last updated
2026-11-26
Source record
OAI-PMH GetRecord
citation

Paleo Vieito, Antonio J.. A study of the physical properties of carbon nanofiber reinforced polypropylene composites. 2012. https://hdl.handle.net/2183/10083