Back to search

Universidade da Coruna

A tópica da visión e o amor trobadoresco no cancioneiro de Don Denis : (estudo retórico-literario e edición crítica de 33 cantigas de amor)

Abstract

dc:description.abstract

[Resumo] Esta Tese de Doutoramento pretende abordar a análise do cancioneiro amoroso do rei e trobador Don Denis, e particularmente das súas composicións pertencentes ao xénero de amor, desde a perspectiva da visión e do amor trobadoresco. Para isto, partimos dun corpus formado por trinta e tres cantigas de amor dionisinas, nas cales aparece recollido de modo explícito o motivo da visión da senhor. En paralelo, presentamos o comentario de cada unha das devanditas composicións desde un punto de vista retórico e literario, así como tamén establecemos o texto crítico baseándonos nas tendencias textuais actualizadas ‘neolachmanianas’ e noutras aportacións significativas da crítica textual. O noso estudo esténdese, a respecto do topos da visión, ao conxunto do corpus trobadoresco galego-portugués, establecendo igualmente un confronto con outras escolas contemporáneas a ela como a provenzal, o que nos permite examinar os elementos innovadores e a mestría da poesía de Don Denis dentro da homoxeneidade formal que caracteriza a nosa lírica. Alén disto, incluímos outros aspectos habitualmente presentes en estudos destas características como o retrato da personalidade histórica do trobador ou, nun sentido máis formal, a transcrición paleográfica das cantigas, os aparatos de variantes, a análise métrico-estilística, o rimario e o glosario.

Author and committee

dc:creator, dc:contributor.*
Author dc:creator
  • Eirín, Leticia
Advisor dc:contributor.advisor
  • Martínez Pereiro, Carlos Paulo

Subjects

dc:subject × 1

Rights

dc:rights.accessrights
Statement dc:rights.accessrights
  • open access
  • Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido desta tese a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo da tese como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de esta tesis a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen de la tesis como a su contenido
Language dc:language.iso
glg

Identifiers

dc:identifier.*
Handle dc:identifier.uri
https://hdl.handle.net/2183/10088

Chain of custody

source
Harvested from
Universidade da Coruna
Base URL
ruc.udc.es/rest/oai/request
Last updated
2026-11-26
Source record
OAI-PMH GetRecord
citation

Eirín, Leticia. A tópica da visión e o amor trobadoresco no cancioneiro de Don Denis : (estudo retórico-literario e edición crítica de 33 cantigas de amor). 2012. https://hdl.handle.net/2183/10088