Universidade da Coruna
O Teatro Circo na configuración do teatro independente galego : (1967-1978)
Abstract
dc:description.abstract[Resumo] A presente tese ten como obxectivo realizar unha análise pormenorizada das actividades dramáticas e culturais do TEATRO CIRCO da Coruña, o primeiro colectivo galego plenamente identificado co Teatro Independente e o máis representativo deste movemento. Consoante con este obxectivo, escolleuse como faixa cronolóxica de estudo o período 1967-1978. A primeira data coincide coa fundación do TEATRO CIRCO; a segunda correspóndese coa súa profesionalización –co nome de ESCOLA DRAMÁTICA GALEGA–. A partir da descrición da traxectoria do TEATRO CIRCO, determinaranse non só os postulados ideolóxico-estéticos e o traballo escénico e investigador do grupo, mais tamén dos colectivos independentes galegos actuantes durante o franquismo; e, asemade, procurarase estabelecer a relevancia da experiencia independente, decisiva para a recuperación, modernización e proxección do teatro galego. A través do percorrido trazado neste traballo ficará patente a relación do TEATRO CIRCO cos grupos independentes da Península Ibérica e o papel paradigmático que este desempeñou no panorama teatral da Galiza da altura, reducido á actividade en castelán dos colectivos comerciais e de Cámara. Comprobarase que, seguindo o exemplo do TEATRO CIRCO, xurdiron no país un bo número de agrupacións inseridas en maior ou menor grao no independentismo teatral e que conformaron o «Movemento do Teatro Galego».
Author and committee
dc:creator, dc:contributor.*- Author dc:creator
-
- Lourenço-Módia, Cilha
- Advisor dc:contributor.advisor
-
- Tato-Fontaíña, Laura
Subjects
dc:subject × 13Rights
dc:rights.accessrights- Statement dc:rights.accessrights
-
- open access
- Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido desta tese a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo da tese como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de esta tesis a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen de la tesis como a su contenido
- Language dc:language.iso
- glg
Identifiers
dc:identifier.*- Handle dc:identifier.uri
- https://hdl.handle.net/2183/10124