Universidade da Coruna
La partitividad : la sintaxis y la semántica de las categorías nominales partitivas
Abstract
dc:description.abstract[Resumo] Presentamos os resultados da nosa investigación sobre a sintaxe e a semántica da partitividade nominal. O noso obxeto foi construir un modelo ling¨uístico das operacións e relacións nun D(ominio) N(ominal) P(artitivo). Aplicamos o marco teórico da semántica e a sintaxe formal (Chierchia, Link, Partee, Belletti, Bosque, Delfitto, Moro, Longobardi). Os datos estudados son construcións partitivas completas (CPTV) do italiano e do espa˜nol: (qualcuna/alcune delle rondini, alguna(s) de las golondrinas; (una) parte degli orsi, (una) parte de los osos, la totalit`a degli struzzi), o artigo partitivo (Mancano dei libri) e o clítico partitivo ne do italiano (Ne ho viste alcune). Definimos un DNP como unha álxebra booleana atómica completa coa operación ? e a relación ?. A partitividade solápase coa cantificación, a especificidade e o aspecto verbal. Conclusións: CPTV: Distinguimos dous tipos de CPTV: (a) CPTV con variable de sumas (alcune delle rondini, algunas de las golondrinas). Están introducidas por un D cantitativo que opera sobre variables de individuo (xi) ou de suma de individuos (Xpl). Asumimos unha estrutura común para molte delle rondini, molte rondini e le molte rondini (Gutiérrez 2008). Propomos unha estrutura que acomoda a variable cuantificada: (1) D2 [AT [ num:— ] ?i (di) [SD D1 [AT [ num:pl ] [SN xi Nk ]]]] (b) CPTV con variable de particións (p) (parte degli orsi; la totalit`a delle rondini) están introducidas por un cantificador partitivo (parte, totalit`a). O rango da variable p son as celas dunha partición do conxunto descrito polo SD restrictor que reciben unha asignación g nun contexto c. Partimos de Chierchia 2010. Propomos a estrutura: (2) D2 [num: – ] pg,c (di) [SD D1 SN ] As propiedades dos cantificadores partitivos son: (1) Seleccionan entidades e non conxuntos (de Hoop, Martí). (2) Parte, totalit`a son nomes de relación que esixen a presenza dunha coda. (3) Un cuantificador distributivo non pode aplicarse ao restrictor do partitivo. (4) Parte pode construírse en correlación con el resto, los demás. (5) Parte, totalidad admiten codas coordinadas, fronte aos determinantes cantitativos, que non admiten a coordinación pero si a disxunci ón da coda. (6) A coda pode interrogarse con ¿Qué proporción? (7) Parte admite un modificador comparativo mayor, menor. (8) O rango da variable cantificada por parte son particións e non sumas de individuos. Ne-cantitativo pode asociarse a un SX do tipo orsi, degli orsi, alcuni orsi, alcuni degli orsi. O SX non pode ser nin definido nin universal (questi, tutti i, ogni). O SX asociado pode funcionar como argumento-i dun verbo inacusativo (Burzio, Belletti). Propomos que ne-cantitativo é unha categoría pro-SN (Cardinaletti e Giusti 1992, Dechaine e Wiltschko 2002). Aplicamos unha derivaci ón de movemento (Kayne, Rizzi, Pollock, Martí, Raposo e Uriagereka) motivado para unificar os seus trazos-f (Su˜ner). Ne entra na numeración cos trazos: (3) ne = { [+indicial], [+N], <caso. >, [+clítico ] [-def] } O trazo indicial identifica a variable do SX asociado. Ne está subespecificado no seu trazo de caso: pode ter función adnominal ou verbal. Unifica o seu trazo clítico achegándose a un anfitrión fonético. A distribución de ne en secuencias de clíticos indican que ne ocupa a mesma posición que un clítico acusativo ([Esp,Sv], Torrego, Pesetsky). O trazo indefinido bloquea no verbo a capacidade de asignar caso-e acusativo e o SX asociado a ne obtiene el valor partitivo para o seu trazo de caso, que es inherente porque se deriva do significado indefinido do cantitativo.
Author and committee
dc:creator, dc:contributor.*- Author dc:creator
-
- Tucci, Emiliana
- Advisor dc:contributor.advisor
-
- López Palma, Helena
Rights
dc:rights.accessrights- Statement dc:rights.accessrights
-
- open access
- Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido desta tese a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo da tese como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de esta tesis a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen de la tesis como a su contenido
- Language dc:language.iso
- spa
Identifiers
dc:identifier.*- Handle dc:identifier.uri
- https://hdl.handle.net/2183/10144