Back to search

Universidade da Coruña

A ría como soporte da construcción da periferia urbana

Abstract

dc:description.abstract

[Resumo] O home contemporáneo faise urbano e litoral, abandonando territorios rurais e interiores. Na Galiza, este proceso -acelerado nas últimas décadas- territorialízase nas terras baixas do litoral das rías.Nos mais abrigados e accesibles emprazamentos litorais dos singulares espazos xeográficos das rías galegas asentáronse poboacións, que continuaron polas augas os camiños da terra, usándoas tamén para a procura do seu sustento. Ca mellora de transportes e peiraos, disemínase a edificación polo territorio co soporte de estradas convencionais, camiños , pistas rurais, e o parcelaria agrícola. As novas vías de alta velocidade -trazadas a unha certa distancia do litoral escapando do compromiso urbano- transforman a inicial tendencia de desenvolvemento centrípeta cara a auga arredor dos peiraos; e tamén a posterior diseminación, con vectores de desenvolvemento tanxentes ó litoral, seguindo os trazados das estradas convencionais. A construción recente destas vías dispersa as actuacións (urbanizacións, equipamentos, dotacións, parques metropolitanos, empresariais, industriais, etc.), e os vectores de desenvolvemento tórnanse centrífugos desde o litoral. A planificación territorial estratéxica e os proxectos de actuación material han de inverter de novo o signo dos vectores, e prestarlle atención ás diferentes ordes de estrutura territorial, e á intervención selectiva nos baleiros con «cousas», e nas «cousas» fronte á auga.

Degree

thesis:*
Grantor dc:publisher
Universidade da Coruña
Year dc:date.issued
2013

Author and committee

dc:creator, dc:contributor.*
Author dc:creator
  • Seoane, Henrique
Advisor dc:contributor.advisor
  • González-Cebrián Tello, José

Subjects

dc:subject × 4

Rights

dc:rights.accessrights
Statement dc:rights.accessrights
  • open access
  • Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido desta tese a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo da tese como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de esta tesis a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen de la tesis como a su contenido
Language dc:language.iso
glg

Identifiers

dc:identifier.*
Handle dc:identifier.uri
https://hdl.handle.net/2183/11701

Chain of custody

source
Harvested from
Universidade da Coruna
Base URL
ruc.udc.es/rest/oai/request
Last updated
2026-11-26
Source record
OAI-PMH GetRecord
citation

Seoane, Henrique. A ría como soporte da construcción da periferia urbana. Universidade da Coruña, 2013. https://hdl.handle.net/2183/11701