Back to search

Universidade da Coruna

A comparative linguistic analysis of english and spanish advertising discourse

Abstract

dc:description.abstract

[Resumo] O obxectivo desta tese é probar cientificamente que o discurso publicitario en lingua inglesa é máis variado, rico, con maior flexibilidade e máis efectivo que o discurso publicitario en lingua española, e isto fai que os publicistas ingleses fagan mellor uso dos recursos lingüísticos que os publicistas españois. As diferenzas entre anuncios ingleses e españois non só abarcan recursos que chamen a atención senón tamén o uso da lingua. Por esta razón, esta análise divídese en cinco campos lingüísticos: fonoloxía, morfoloxía, sintaxe, semántica e pragmática. Cada campo ofrece oportunidades para comparar o discurso publicitario en ambas as linguas, ofrecendo conclusións interesantes para apoiar a nosa hipótese. Un corpus orixinal composto de máis de 300 anuncios en inglés e español foi recabado de entre un gran volume de anuncios nun período de trece anos. Incluíronse no corpus ben en base a que as súas características eran encontradas frecuentemente noutros anuncios, polo tanto, confirmaban unha tendencia, ou ben pola súa excepcionalidade, é dicir, ofrecía características raramente encontradas noutros anuncios. A conclusión é que as diferenzas atopadas no discurso publicitario eran debidas a características lingüísticas intrínsecas, e que ademais, a lingua inglesa facía mellor uso diso para producir textos publicitarios enxeñosos, memorables e efectivos.

Author and committee

dc:creator, dc:contributor.*
Author dc:creator
  • Lavandeira Rojo, Sonia
Advisor dc:contributor.advisor
  • Woodward-Smith, Elizabeth

Subjects

dc:subject × 3

Rights

dc:rights.accessrights
Statement dc:rights.accessrights
  • open access
  • Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido desta tese a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo da tese como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de esta tesis a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen de la tesis como a su contenido
Language dc:language.iso
eng

Identifiers

dc:identifier.*
Handle dc:identifier.uri
https://hdl.handle.net/2183/15532

Chain of custody

source
Harvested from
Universidade da Coruna
Base URL
ruc.udc.es/rest/oai/request
Last updated
2026-11-26
Source record
OAI-PMH GetRecord
citation

Lavandeira Rojo, Sonia. A comparative linguistic analysis of english and spanish advertising discourse. 2015. https://hdl.handle.net/2183/15532