Back to search

Universidade da Coruna

Xogo popular e Educación física: unha investigación etnográfica no concello de Malpica de Bergantiños

Abstract

dc:description.abstract

[Resumo] En esta investigación aproximámonos ao xogo popular como un elemento sociocultural na infancia e adolescencia de varias xeracións, que conviven nun concello da Costa da Morte. Abordamos o estudo do xogo tratando de describir o impacto e a evolución do fenómeno desde unha perspectiva diacrónica atendendo á súa complexidade, aos informantes, aos escenarios e a algúns elementos como a contorna, o xénero, os valores ou e as canles de comunicación, para deste xeito trazar un retrato do xogo popular na comunidade. Na busca por adaptarnos ao contexto e ao fenómeno de estudo, partimos dun enfoque antropolóxico, apoiándonos no emprego da etnografía como metodoloxía. O desenvolvemento da etnografía permítenos establecer unha relación direta coas nativas/os e cos escenarios, a través de entrevistas, observacións, fotografías, etc. Isto posibilita a exposición dun relato complexo e minucioso da realidade do xogo popular, a través das voces e vivencias da propia poboación interpelada. Podemos extraer como conclusión xeral que, malia ser un contexto rural no que a priori poderiamos pensar que os xogos populares ocuparían un lugar destacado nos hábitos lúdicos das distintas xeracións, tanto no lecer como na escola, a realidade nos amosa todo o contrario, constatando a debilidade do fenómeno actualmente.

Author and committee

dc:creator, dc:contributor.*
Author dc:creator
  • Varela, Apolinar
Advisors dc:contributor.advisor
  • Rodríguez-Romero, Mar
  • Fraguela-Vale, Raúl

Subjects

dc:subject × 3

Rights

dc:rights.accessrights
Statement dc:rights.accessrights
  • open access
  • Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido desta tese a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo da tese como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de esta tesis a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen de la tesis como a su contenido
Language dc:language.iso
glg

Identifiers

dc:identifier.*
Handle dc:identifier.uri
https://hdl.handle.net/2183/15540

Chain of custody

source
Harvested from
Universidade da Coruna
Base URL
ruc.udc.es/rest/oai/request
Last updated
2026-11-26
Source record
OAI-PMH GetRecord
citation

Varela, Apolinar. Xogo popular e Educación física: unha investigación etnográfica no concello de Malpica de Bergantiños. 2015. https://hdl.handle.net/2183/15540