Back to search

Universidade da Coruna

Variables motivacionais, autoeficacia e enfoques de aprendizaxe en relación co rendemento académico do alumnado de bacharelato

Abstract

dc:description.abstract

[Resumo] A motivación foi adquirindo cada vez máis importancia no ámbito educativo como variable influente na aprendizaxe do alumnado e no seu rendemento académico. Mediante este estudo pretendíase analizar, por unha banda, o tipo de variables motivacionais, autoeficacia e enfoques de aprendizaxe adoptados maioritariamente polo alumnado de bacharelato, e pola outra, indagar en qué medida as variables motivacionais e autoeficacia influían sobre o seu rendemento, directamente ou, tomando como referencia o modelo 3P de Biggs, a través dos enfoques de aprendizaxe; estudando esta relación diferencialmente por sexo e especialidade. Para a realización desta investigación contouse cunha mostra composta por 1.505 alumnos/as de bacharelato das catro provincias galegas, a cal procuramos que fose o máis representativa posible da poboación galega desta etapa educativa, en canto á súa distribución por sexos, especialidades e provincias. Logo das análises estatísticas realizadas, descubriuse que este alumnado adoptaba variables motivacionais máis relacionadas co enfoque de orientación superficial e co rendemento positivo que co enfoque de orientación ó significado e con aprendizaxes de calidade. Isto manifestábase dunha maneira máis clara, respecto ó sexo, nos homes fronte ás mulleres, e respecto ás especialidades, nas de ámbito humanístico fronte ás científico-tecnolóxicas.

Author and committee

dc:creator, dc:contributor.*
Author dc:creator
  • Ramudo Andión, Indalecio
Advisors dc:contributor.advisor
  • Barca-Lozano, Alfonso
  • Brenlla-Blanco, Juan-Carlos

Subjects

dc:subject × 9

Rights

dc:rights.accessrights
Statement dc:rights.accessrights
  • open access
  • Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido desta tese a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo da tese como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de esta tesis a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen de la tesis como a su contenido
Language dc:language.iso
glg

Identifiers

dc:identifier.*
Handle dc:identifier.uri
https://hdl.handle.net/2183/15909

Chain of custody

source
Harvested from
Universidade da Coruna
Base URL
ruc.udc.es/rest/oai/request
Last updated
2026-11-26
Source record
OAI-PMH GetRecord
citation

Ramudo Andión, Indalecio. Variables motivacionais, autoeficacia e enfoques de aprendizaxe en relación co rendemento académico do alumnado de bacharelato. 2015. https://hdl.handle.net/2183/15909