Abstract
dc:description.abstract[Resumo] Os comités de bioética sanitarios teñen mellorado a calidade da asistencia e a protección dos dereitos das persoas usuarias e profesionais, e por iso cobra sentido reflexionar sobre a súa función na práctica e no coidado sociosanitarios dende os servizos sociais, onde se fan presentes a vulnerabilidade e a exclusión e agroman problemas éticos que dificultan a toma de decisións axeitadas e prudentes. Esta investigación revisa as orixes dos comités de ética partindo dunha aproximación aos aspectos máis significativos da intervención social e da ética aplicada á intervención social, identificando e avaliando criticamente os problemas éticos, as estruturas de apoio á reflexión ética e os diferentes modelos de resolución propios do ámbito social. A existencia de comités de ética en intervención social implica mudar o xeito de afrontar a toma de decisións, empregando metodoloxías deliberativas respectuosas coa dignidade, a autonomía e os dereitos de cada persoa, co obxecto de mellorar a calidade da asistencia e promover o benestar. Este é o obxectivo das oito normas reguladoras existentes no Estado español, que son obxecto dun exame detallado que serve, ao fin, para concluír coa proposta de creación do Consello de ética en intervención social en Galicia.
Author and committee
dc:creator, dc:contributor.*- Author dc:creator
-
- Alonso Paz, Virginia
- Advisor dc:contributor.advisor
-
- Seoane, José-Antonio
Subjects
dc:subject × 3Rights
dc:rights.accessrights- Statement dc:rights.accessrights
-
- open access
- Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido desta tese a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo da tese como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de esta tesis a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen de la tesis como a su contenido
- Language dc:language.iso
- glg
Identifiers
dc:identifier.*- Handle dc:identifier.uri
- https://hdl.handle.net/2183/15997