Back to search

Universidade da Coruna

Compostaxe descentralizada de residuos orgánicos : do ámbito doméstico á granxa

Abstract

dc:description.abstract

[Resumo] Nos últimos anos tivo lugar a instalación de decenas de miles de compostores domésticos en moitas rexións e países europeos. Estes sistemas moi diversificados e de pequena escala estanse estendendo rapidamente máis aló da esfera doméstica, acadando espazos públicos ou comunitarios e pequenos xeradores, como a escola, as empresas ou os comedores universitarios, e contribúen á sustentabilidade dos programas locais xestión de residuos. Esta investigación mostra que a compostaxe descentralizada é unha solución axeitada para o tratamento de residuos orgánicos xerados nestes escenarios. Obtense un compost de alta calidade que se pode usar directamente no lugar, evitando así os custos de transporte e reducindo as cargas ambientais. A compostaxe doméstica en Galiza mostrou unha alta eficiencia acadando os 380 kg/compostador·ano. No caso dos xurros, desenvolveuse un novo proceso de co-compostaxe da fracción líquida coa fracción sólida e outros residuos sólidos xerados localmente. Con todo, o alto contido dalgúns metais pesados (principalmente Zn) no compost e as perdas de nitróxeno durante o proceso deben ser debidamente avaliadas. Para estes sistemas a pequena escala foron atopados indicadores de evolución do proceso de compostaxe semellantes aos dos procesos industriais. Os resultados globais apoian a sustentabilidade destes sistemas descentralizados e auto-xestionados de compostaxe.

Author and committee

dc:creator, dc:contributor.*
Author dc:creator
  • Vázquez Trillo, Marcos Antonio
Advisor dc:contributor.advisor
  • Soto, Manuel

Subjects

dc:subject × 4

Rights

dc:rights.accessrights
Statement dc:rights.accessrights
  • open access
  • Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido desta tese a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo da tese como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de esta tesis a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen de la tesis como a su contenido
Language dc:language.iso
glg

Identifiers

dc:identifier.*
Handle dc:identifier.uri
https://hdl.handle.net/2183/16053

Chain of custody

source
Harvested from
Universidade da Coruna
Base URL
ruc.udc.es/rest/oai/request
Last updated
2026-11-26
Source record
OAI-PMH GetRecord
citation

Vázquez Trillo, Marcos Antonio. Compostaxe descentralizada de residuos orgánicos : do ámbito doméstico á granxa. 2015. https://hdl.handle.net/2183/16053