Back to search

Universidade da Coruna

Técnicas de compresión e estruturas de indexación compactas para texto en linguaxe natural e contidos dixitais: aplicacións prácticas

Abstract

dc:description.abstract

[Resumo] A aplicación dos resultados da investigación ao desenvolvemento software permite crear sistemas innovadores que resolven problemas, organizan procesos ou ofrecen servizos á sociedade dun modo máis eficaz e eficiente. Na primeira parte desta tese preséntanse dúas novas técnicas da área de investigación en compresión e indexación de texto en linguaxe natural. Dunha banda, un autoíndice de palabras que permite obter unha representación comprimida do texto empregando tan só un 35–40% do seu tamaño orixinal, á vez que realizar buscas moi eficientes dentro del. Doutra banda, un compresor orientado a frases que permite reducir un texto até ocupar un 25–30% do seu tamaño orixinal, ofrecendo unha descompresión moi rápida e a posibilidade de realizar buscas eficientes no texto comprimido. Na segunda parte preséntanse distintas solucións tecnolóxicas que desenvolvemos e integramos en sistemas reais en produción para resolver diferentes aspectos relacionados co consumo de contidos dixitais, como a súa creación e distribución protexida, e como estas fan uso de diferentes resultados da investigación en compresión e indexación para mellorar a eficiencia no almacenamento, acceso, procesado e transmisión dos contidos de natureza textual.

Author and committee

dc:creator, dc:contributor.*
Author dc:creator
  • Rodríguez López, Eduardo
Advisors dc:contributor.advisor
  • Fariña, Antonio
  • Saavedra Places, Ángeles

Subjects

dc:subject × 4

Rights

dc:rights.accessrights
Statement dc:rights.accessrights
  • open access
  • Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido desta tese a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo da tese como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de esta tesis a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen de la tesis como a su contenido
Language dc:language.iso
spa

Identifiers

dc:identifier.*
Handle dc:identifier.uri
https://hdl.handle.net/2183/16074

Chain of custody

source
Harvested from
Universidade da Coruna
Base URL
ruc.udc.es/rest/oai/request
Last updated
2026-11-26
Source record
OAI-PMH GetRecord
citation

Rodríguez López, Eduardo. Técnicas de compresión e estruturas de indexación compactas para texto en linguaxe natural e contidos dixitais: aplicacións prácticas. 2015. https://hdl.handle.net/2183/16074