Back to search

Universidade da Coruna

A obra poética de Miguel Anxo Fernán Vello

Abstract

dc:description.abstract

[Resumo] Esta tese de doutoramento ten como obxectivo realizar unha análise da poesía de Miguel Anxo Fernán Vello no contexto da Xeración dos Oitenta, á que pertence e da que é membro destacado. Apuntando brevemente a atención do autor a outros xéneros literarios (teatro, ensaio, artigo de opinión), centrámonos na análise temática e simbólica dos once poemarios que constitúen o seu corpus a día de hoxe –ademais de nalgúns poemas que viron a luz en obras dispersas e que se recollen en apéndice– para demostrar que a súa poética pivota arredor de dous grandes ciclos temáticos: o referido á estética celebrativa (que abrangue unha visión renovadora do erotismo e a posterior vivencia telúrica) e o que testemuña a desolación (vinculado ao desacougo existencial do ser contemporáneo e á poesía de denuncia, comprometida coa sorte dos desfavorecidos). Poñemos tamén de manifesto a maneira en que os principais ciclos temáticos se apoian nun conxunto de símbolos basilares que non só teñen presenza reiterativa ao longo da obra senón que experimentan unha importante evolución que os leva, mesmo, a mudaren as súas valencias significativas. Por último, constatamos a presenza transversal do tema da metapoesía como fonda reflexión teórica sobre esta arte.

Author and committee

dc:creator, dc:contributor.*
Author dc:creator
  • Seara, Teresa
Advisors dc:contributor.advisor
  • Dobarro Paz, Xosé María
  • López, Teresa

Subjects

dc:subject × 3

Rights

dc:rights.accessrights
Statement dc:rights.accessrights
  • open access
  • Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido desta tese a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo da tese como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de esta tesis a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen de la tesis como a su contenido
Language dc:language.iso
glg

Identifiers

dc:identifier.*
Handle dc:identifier.uri
https://hdl.handle.net/2183/16095

Chain of custody

source
Harvested from
Universidade da Coruna
Base URL
ruc.udc.es/rest/oai/request
Last updated
2026-11-26
Source record
OAI-PMH GetRecord
citation

Seara, Teresa. A obra poética de Miguel Anxo Fernán Vello. 2015. https://hdl.handle.net/2183/16095