Universidade da Coruna
Conflicto y adolescentes diferencias entre adolescentes institucionalizados y no institucionalizados
Abstract
dc:description.abstract[Resumo]De acordo coa Teoría da Seguridade Emocional (EST) o conflito interparental, especialmente o destrutivo caracterizado por alta intensidade, frecuencia e non resolto, fai que decreza a seguridade no sistema familiar dos pequenos e dos adolescentes. O principal obxectivo deste estudo é analizar o impacto do conflito interparental en dúas submostras de adolescentes españois. Os participantes foron 907 adolescentes divididos en duas submostras: unha de 169 adolescentes que viven en centros residenciais baixo os servizos de protección de menores e outra composta por 738 adolescentes. A “Escala de Conflicto Interparental desde la perspectiva de los hijos; CPIC” foi empregado para explorar as dimensións do conflito interparental. Para analizar a seguridade emocional aplicouse “Security In the Family System; SIFS”. Os resultados indican que o conflito interparental destrutivo foi significativamente máis alto en familias de adolescentes de centros de menores e, ademais, a súa seguridade emocional era significativamente máis baixa. En canto ás diferenzas hai variables similares que afectan á seguridade dos adolescentes na súas familias nas dúas submostras: a resolución dos pais ás súas disputas e a frecuencia das discusións. As análises indican que o conflito interparental foi percibido de xeito diferente e diferentemente afecta á seguridade emocional dos rapaces e das rapazas. De feito, en ambas mostras as rapazas desvinculábanse máis que os rapaces cando se enfrentaban ó conflicto interparental. A seguridade emocional é un modelo teórico axeitado para o estudo do impacto que o conflito interparental ten nos adolescentes españois, aínda cando os rapaces/as non viven cos seus pais.
Author and committee
dc:creator, dc:contributor.*- Author dc:creator
-
- Sánchez Souto, Vanesa
- Advisor dc:contributor.advisor
-
- López-Larrosa, Silvia
Subjects
dc:subject × 5Rights
dc:rights.accessrights- Statement dc:rights.accessrights
-
- open access
- Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido desta tese a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo da tese como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de esta tesis a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen de la tesis como a su contenido
- Language dc:language.iso
- spa
Identifiers
dc:identifier.*- Handle dc:identifier.uri
- https://hdl.handle.net/2183/16105