Back to search

Universidade da Coruna

O problema da razão e da racionalidade na arquitetura moderna : tipos de racionalidade na arquitetura moderna. Dos métodos aristotélicos à intuição em Oscar Niemeyer

Abstract

dc:description.abstract

[Resumo] Este traballo buscou, a partir do entendemento do logos (logoV) (Ferrater Mora, 1951), e da razón, perquirir o concepto dos tipos de racionalidade na arquitectura moderna, como principios de consecución do obxecto arquitectónico baseado e manifestado nos métodos indutivo, siloxístico e intuitivo, tan ben traballados por Aristóteles na Ética a Nicómaco. O entendemento dos tipos de racionalidade ten como pano de fondo os métodos indutivo, siloxístico e intuitivo, cuxa manifestación concreta transluce no oficio, na experiencia e metodoloxía dos arquitectos. A nosa tese centrouse na relación das obras de Mies van der Rohe co método indutivo, de Le Corbusier co método dedutivo ou siloxístico e de Oscar Niemeyer co método intuitivo. Nas nosas conclusións buscamos deslindar a intuición e a manifestación da racionalidade, a intuición racional, con base, primeiro, na espontaneidade, como motor construtivo da verdade arquitectónica do grande arquitecto brasileiro, e en segundo lugar co uso da tecnoloxía e da xeometría. Na manifestación do arquitecto brasileiro indicaremos algunhas referencias pautadas pola construción dun procedemento que ten un discurso intuitivo, aínda que en realidade este aparece como froito dunha fórmula, que renovándose permite encontrar apoio da realidade matemática, sobre todo da xeometría fixa e dinámica moderna, que é a base dos proxectos de Oscar Niemeyer, como alumno da escola de Belas Artes que foi, así como da técnica moderna do formigón armado. A forma dos proxectos de arquitectura de Oscar Niemeyer é tradicional no seu contido e moderna na súa manifestación compositiva e de soporte, o que permite entón situar Oscar Niemeyer como herdeiro dunha das maiores tradicións arquitectónicas clásicas e tamén como un revolucionario da arquitectura moderna. A manifestación dobre de Oscar Niemeyer aparentemente presenta unha petición de principio, onde encontramos, da mesma maneira que en Aristóteles, a construción dun espazo mental que ao mesmo tempo é racional e intuitivo / emocional. Con isto, concordando con Aristóteles, diremos como base preparatoria para o entendemento da obra e manifestación de Oscar Niemeyer que el a ten pautada por unha intuición racional, aínda que para a maioría dos leigos ese espazo de construción mental poida mostrarse como ‘una expresión contradictoria en sí misma’ (Ferrater Mora, 1951). A necesidade de centrar a nosa tese en Oscar Niemeyer está vinculada coa busca de entendermos a manifestación deste arquitecto, que diferentemente dos racionalistas alemáns e intelectuais franceses buscou tratar as cousas da arquitectura como vinculadas á emoción. Mais esa emoción non é unha emoción calquera, ten os sons do Brasil, ten a alma brasileira traída á luz na súa face grandiosa e contraditoria. Fundamentalmente vinculada á emoción, a arquitectura de Oscar Niemeyer é emotiva cando ten relación coas persoas, cos amigos, coa festa de rúa, co neno e co adulto. É grandiosa e fría por un lado e emotiva por outro. Como brasileiro, Oscar Niemeyer tivo a súa face revelada e aparece compondo a base emocional nacional, tanto como Capistrano de Abreu, Buarque de Holanda, Gilberto Freire, Darci Ribeiro, Carlos Drummond de Andrade, Nelson Rodrigues e tantos outros expoñentes, das moitas faces do home brasileiro e da nosa cultura que parece e se di ‘xentil’, mais ao mesmo tempo trata a muller cunha palabra totalmente pexorativa como é ‘mulata’, que aparece como bonita e falcatrueira, mais está, na súa raíz, vinculada a unha besta de carga, a mula. A arquitectura de Oscar Niemeyer revela a alma brasileira, dise sinuosa como a muller, e xentil como o home que a cortexa, é un marco cuxo diferencial sensual expresa a maior e máis certa determinación do sur de América, a determinación de ser brasileiro, con todas as súas idiosincrasias emocionais, intuitivas e racionais. Ao revelar a alma brasileira, Oscar é sutil e delicado, moi distinto de Nelson Rodrigues, que é agresivo e contraditorio. Oscar tamén o é, aínda que sen deixar que a xenerosidade se esvaia como grans de area escorrendo por entre os dedos. Con isto, a nosa investigación percorreu temas importantes. Percorreremos a razón, o logos, a arquitectura racional, os principios da arquitectura, os métodos, o método indutivo, o método dedutivo ou siloxístico, o método intuitivo, Oscar Niemeyer, Mies van der Rohe, Le Corbusier, a intuición en Oscar Niemeyer, o método de proxecto do arquitecto brasileiro, cunha visión dalgunhas das súas obras icónicas, como poden ser Obra do Berço, Ministério da Saúde e da Educação, Edifício COPAN, Igreja de São Francisco, Banco Boa Vista, Museu de Arte Contemporânea de Niterói, entre outras. Mesmo tendo recorrido ás obras importantes de Oscar Niemeyer, unha análise importante que fixemos foi a do proxecto do segundo Memorial Prestes, proxecto non construído, onde analizamos a cuestión gráfica e a cuestión dimensional a partir dos orixinais deste proxecto. Todo iso tivo como principio indicar o camiño que determina e corrobora aquilo que Oscar Niemeyer declara, para que non sexa hipostasiado como grande mestre, cando dixo que o importante era a vida, e a arquitectura era un asunto que tamén, nalgúns momentos, lle interesaba.

Author and committee

dc:creator, dc:contributor.*
Author dc:creator
  • Zubaran, Luiz Carlos
Advisor dc:contributor.advisor
  • Franco Taboada, Juan Manuel

Subjects

dc:subject × 22

Rights

dc:rights.accessrights
Statement dc:rights.accessrights
  • open access
  • Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido desta tese a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo da tese como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de esta tesis a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen de la tesis como a su contenido
Language dc:language.iso
por

Identifiers

dc:identifier.*
Handle dc:identifier.uri
https://hdl.handle.net/2183/16168

Chain of custody

source
Harvested from
Universidade da Coruna
Base URL
ruc.udc.es/rest/oai/request
Last updated
2026-11-26
Source record
OAI-PMH GetRecord
citation

Zubaran, Luiz Carlos. O problema da razão e da racionalidade na arquitetura moderna : tipos de racionalidade na arquitetura moderna. Dos métodos aristotélicos à intuição em Oscar Niemeyer. 2015. https://hdl.handle.net/2183/16168