Universidade da Coruna
Análisis de los factores causales relacionados con la competencia matemática: Inteligencia Verbal e Inteligencia no Verbal
Abstract
dc:description.abstract[Resumo] A comprensión de enunciados matemáticos é unha tarefa complexa que adoita ocasionar problemas a algúns nenos/as á hora de resolvelos. Para iso é necesario que os suxeitos teñan unha serie de habilidades que lles permitan comprender a información que proporciona o problema, de maneira que poidan utilizar os datos e realizar as operacións pertinentes. Neste complexo proceso interveñen unha serie de variables tanto intrapersonales como de situación que son onde aparecen as diferentes dificultades que os suxeitos teñen á hora de resolver os problemas matemáticos. A capacidade de razonamiento, capacidade de memoria, o nivel de comprensión lectora son algunhas das variables que inflúen neste proceso; pero tamén o son outras como os coñecementos previos, a capacidade de resolver as operacións, así como outras variables máis relacionadas cos aspectos emocionais e afectivos: ansiedade, motivación, etc. Os obxectivos deste traballo son establecer: a) un perfil de nivel de competencia matemática, intelixencia verbal e non verbal en cada un dos niveis educativos estudados; b) as relacións entre intelixencia verbal e competencia matemática (cálculo e resolución de problemas), e entre intelixencia non verbal e competencia matemática en cada un dos niveis educativos estudados; c) analizar o valor predictivo da Intelixencia Verbal (semántica/relacións analógicas) e a Intelixencia non-Verbal en tarefas de competencia matemática (cálculo e resolución de problemas) en cada un dos niveis educativos seleccionados. Para iso seleccionouse unha mostra de 226 suxeitos con idades comprendidas entre os 10 e os 14 anos, correspondentes a alumnado de 4º e 6º curso de Educación Primaria e de 2º de ESO. Os resultados amosan: a) un patrón evolutivo ascendente no nivel de eficacia das distintas habilidades estudadas no grupo de 2º de E.S.O.; b) as tarefas que se presentan con menor nivel de eficacia son as de competencia matemática ; c) os alumnos de Educación Primaria son máis eficaces nas tarefas de Intelixencia Verbal que non-Verbal, patrón que se inviste no grupo de Secundaria; d) en Intelixencia Verbal o coñecemento semántico imponse ás habilidades relacionadas con relacións analógicas que se presentan máis deficitarias; e) as variables relacionadas coa Intelixencia Verbal foron altamente predictivas da Resolución de Problemas matemáticos en 4º de E.P.; f) en xeral a Intelixencia Verbal predijo o nivel de eficacia en Resolución de Problemas nos tres niveles educativos, pola súa banda a Intelixencia non-verbal só predijo o Cálculo en 2º de ESO.
Author and committee
dc:creator, dc:contributor.*- Author dc:creator
-
- Pereira Villar, Ricardo
- Advisor dc:contributor.advisor
-
- Vieiro Iglesias, Pilar
Subjects
dc:subject × 9Rights
dc:rights.accessrights- Statement dc:rights.accessrights
-
- open access
- Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido desta tese a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo da tese como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de esta tesis a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen de la tesis como a su contenido
- Language dc:language.iso
- spa
Identifiers
dc:identifier.*- Handle dc:identifier.uri
- https://hdl.handle.net/2183/16187