Back to search

Universidade da Coruna

A rede de igrexarios e a identidade do territorio: os conxuntos vinculados ao patrimonio arquitectónico parroquial no medio rural do noroeste galego

Abstract

dc:description.abstract

[Resumo] En amplas zonas de poboamento espallado no noroeste da Península Ibérica, as parroquias non son tanto unha división eclesiástica como unha entidade social e xeográfica. Dentro dos seus límites, os igrexarios (isto é; o conxunto formado pola igrexa, cemiterio, carballeira, cruceiros e casa reitoral; polo común na veciñanza dunha pequena aldea) constitúen o seu cerne. Nesta zona, os igrexarios forman unha malla sobre a paisaxe cultural e representan os fitos de súa identidade. A maior parte aséntanse nos seus lugares desde a Idade Media e evidencian conexións cun pasado máis remoto. Con frecuencia inclúen importantes mostras de arquitectura histórica así como de espazos de gran calidade ambiental. Nesta investigación analizamos 750 parroquias rurais e os seus igrexarios que constitúen unha área de máis de 6200 quilómetros cadrados, do noroeste galego, diagnosticando o seu estado mediante o sistema DAFO, e propoñendo estratexias para a súa conservación e a renovación das súas funcións. Facemos un estudio tipolóxico do conxunto e cada unha das súas partes, que inclúe un catálogo cunha ficha individualizada dos 750 igrexarios estudiados. Seleccionamos tamén 18 parroquias especialmente representativas para o desenvolvemento dun conxunto de fichas máis detallado, que inclúen esquemas dos igrexarios e os seus emprazamentos así como as relacións con outros elementos xeográficos dentro dos seus límites.

Author and committee

dc:creator, dc:contributor.*
Author dc:creator
  • Mingote Rodríguez, Fernando
Advisor dc:contributor.advisor
  • Lizancos, Plácido

Subjects

dc:subject × 10

Rights

dc:rights.accessrights
Statement dc:rights.accessrights
  • open access
  • Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido desta tese a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo da tese como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de esta tesis a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen de la tesis como a su contenido
Language dc:language.iso
glg

Identifiers

dc:identifier.*
Handle dc:identifier.uri
https://hdl.handle.net/2183/16201

Chain of custody

source
Harvested from
Universidade da Coruna
Base URL
ruc.udc.es/rest/oai/request
Last updated
2026-11-26
Source record
OAI-PMH GetRecord
citation

Mingote Rodríguez, Fernando. A rede de igrexarios e a identidade do territorio: os conxuntos vinculados ao patrimonio arquitectónico parroquial no medio rural do noroeste galego. 2015. https://hdl.handle.net/2183/16201