Back to search

Universidade da Coruna

Clinical research on asthma through bronchial biopsy: investigación clínica en asma mediante biopsia bronquial

Abstract

dc:description.abstract

[Resumo] Dende os anos 60, a prevalencia de asma incrementouse aproximadamente un 50% por década globalmente, xunto coa súa morbilidade, mortalidade e carga económica. Soamente na Unión Europea, a prevalencia de asma dobrouse durante os anos 90, alcanzándose 30 millóns de asmáticos no ano 2000, cun custo anual de 17,7 billóns de euros para os sistemas de saúde. A investigación na fisiopatoloxía da asma e os subseguintes avances terapéuticos tiveron un significativo impacto no manexo e control da enfermidade, aínda que unha proporción de aproximadamente o 10% dos asmáticos aínda padece enfermidade grave de difícil manexo, refractaria á terapia máxima dispoñible. Como resultado, a asma converteuse nunha prioridade de investigación para os sistemas de saúde dos países industrializados e lévanse a cabo extensos traballos en busca dun mellor entendemento dos mecanismos implicados na enfermidade, e do desenvolvemento de terapias innovadoras. Dende o punto de vista fisiopatolóxico, a inflamación crónica e a remodelación das vías respiratorias están baixo as manifestacións clínicas da asma. A remodelación de vías respiratorias consiste nunha serie de anormalidades estruturais que se desenvolven en asociación á inflamación crónica, as cales principalmente inclúen hiperplasia e hipertrofia de células produtoras de moco e glándulas mucosas, fibrose subepitelial, neovascularización e un incremento da masa de músculo liso. Os datos contribuídos por estudos clínicos, modelos de asma experimental e modelado matemático da mecánica de vías respiratorias converxeron en sinalar o crecemento da masa de músculo liso como o compoñente da remodelación de vías respiratorias principalmente implicado no mecanismo da hiperreactividad bronquial, a obstrución ao fluxo aéreo e a gravidade da asma...

Author and committee

dc:creator, dc:contributor.*
Author dc:creator
  • Brienza, Nadia Sonia
Advisors dc:contributor.advisor
  • Ramos Barbón, David
  • Fuentes Boquete, Isaac Manuel

Subjects

dc:subject × 3

Rights

dc:rights.accessrights
Statement dc:rights.accessrights
  • open access
  • Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido desta tese a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo da tese como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de esta tesis a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen de la tesis como a su contenido
Language dc:language.iso
eng

Identifiers

dc:identifier.*
Handle dc:identifier.uri
https://hdl.handle.net/2183/16416

Chain of custody

source
Harvested from
Universidade da Coruna
Base URL
ruc.udc.es/rest/oai/request
Last updated
2026-11-26
Source record
OAI-PMH GetRecord
citation

Brienza, Nadia Sonia. Clinical research on asthma through bronchial biopsy: investigación clínica en asma mediante biopsia bronquial. 2015. https://hdl.handle.net/2183/16416