Back to search

Universidade da Coruna

Implantación de técnicas de drenaje sostenible de escorrentías de autopistas (TDSEA) en la comunidad autónoma de Galicia

Abstract

dc:description.abstract

[Resumo] Na presente Tese realizouse un exhaustivo estudo dos fluxos de contaminación mobilizados coa s escorrentías de autoestradas e vías de alta capacidade durante os sucesos de choiva. Ponse de manifesto tanto a relevancia e capacidade de ocasionar impactos significativos sobre o medio acuático receptor das escorrentías, como a dificultade de elaborar modelos fiables de predición. Para isto analizouse, ao longo dun extenso período de tempo, a presenza dunha listaxe de contaminantes (OQO, OQO soluble, OBOs, pH, turbidez, conductividade, NT, PT, ST, STV, SST, SSV, SOT, SOV, metais: Al, As, B, Ba, Cd, Co, Cr, Cu, Fe, Hg, Mn, Ni, Pb, V, Zn, aceites e graxas e hidrocarburos: HAP e HC) en mostras de escorrentías procedentes de eventos de choiva de dous viarios no noroeste de España, á vez que se facía un rexistro das precipitacións e os caudais asociados aos devanditos eventos. Parametrizáronse os sucesos de choiva co fin de facilitar o seu estudo posterior (CMAX, CMS, CMOV e CME) e avanzar na toma de decisións sobre a necesidade de instalación e na sistematización do dimensiona mento das técnicas de drenaxe sustentable de escorrentías de autoestradas (TOSEA). Estudáronse as correlacións entre os distintos contaminantes entre si e cos parámetros hidrolóxico-hidráulicos das concas, ademais de revisar a normativa de diferentes países, os principais estudos académicos e comparar os resultados observados cos doutras concas urbanas de interese, anteriormente estudadas no Grupo de Enxeñería da Auga e do Medio Ambiente (GEAMA). Elaborouse un modelo numérico de simulación hidráulico e de contaminación sobre o soporte informático "Storm Water Management Model" (SWMM) co que poder validar o dimensionamiento das TOS EA. Finalmente dimensionouse e construiuse, nunha das concas estudadas, unha TOSEA funcional que trata as escorrentías dunha parte ampla da conca e sobre a que poder seguir avanzando no estudo da materia. É importante planificar e definir estratexias de xestión da contaminación asociada ás escorrentías de autoestradas e que estas se trasladen ao ordena mento xurídico da comunidade autónoma co fin de poder cumprir os obxectivos de calidade fixados polos plans hidrólogicos nas masas de auga receptoras, tal como esixe a Oirectiva Marco da Auga, simplificando a toma de decisións para a súa implantación, facer as reservas do solo necesario e para o seu dimensionamiento.

Author and committee

dc:creator, dc:contributor.*
Author dc:creator
  • Jiménez Fernández, Vicente
Advisor dc:contributor.advisor
  • Suárez-López, Joaquín

Subjects

dc:subject × 3

Rights

dc:rights.accessrights
Statement dc:rights.accessrights
  • open access
  • Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido desta tese a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo da tese como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de esta tesis a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen de la tesis como a su contenido
Language dc:language.iso
spa

Identifiers

dc:identifier.*
Handle dc:identifier.uri
https://hdl.handle.net/2183/16456

Chain of custody

source
Harvested from
Universidade da Coruna
Base URL
ruc.udc.es/rest/oai/request
Last updated
2026-11-26
Source record
OAI-PMH GetRecord
citation

Jiménez Fernández, Vicente. Implantación de técnicas de drenaje sostenible de escorrentías de autopistas (TDSEA) en la comunidad autónoma de Galicia. 2015. https://hdl.handle.net/2183/16456