Back to search

Universidade da Coruna

Ingeniería Tisular del hueso y el cartílago empleando células mesenquimales estromales y biomateriales

Abstract

dc:description.abstract

[Resumo]A artrose (OA) é a patoloxía reumática máis prevalente e, na actualidade, non existe un tratamento efectivo. Unha das causas deste trastorno é o desenvolvemento secundario tras unha lesión na cartilaxe hialina articular ou no óso subcondral. A Enxeñería Tisular (IT) osteocondral, utilizando células e soportes, xurdiu como unha terapia prometedora. O obxectivo deste estudo foi determinar o potencial de reparación das células mesenquimais estromais (CMEs), en combinación con diferentes tipos de soportes, para o seu uso na IT osteocondral. En primeiro lugar, illáronse e caracterizáronse CMEs, obtidas de medula ósea humana e ovina, e de células similares a CMEs (CSMEs), diferenciadas a partir de células pluripotentes inducidas (iPS). En segundo lugar, estudouse a capacidade de diferenciación condroxénica das CMEs humanas, cultivadas en diferentes soportes de coláxeno (Col). Tamén, testouse a capacidade de diferenciación osteoxénica das CMEs ovinas, cultivadas sobre soportes de Col I e β fosfato tricálcico (β-FTC). Por último, analizouse a capacidade de reparación das CMEs, cultivadas en soportes de Col, nun modelo de lesión de cartilaxe in vitro. Os resultados confirman a identidade das CMEs e a súa capacidade de formar neotecidos condroxénicos e osteoxénicos sobre biomateriais de Col. A presenza de proteoglicans (PGs) na composición dos soportes mellora o fenotipo condroxénico do tecido cartilaxinoso neoformado e a reparación de lesións na cartilaxe hialina, nun modelo in vitro. O uso dos constructos, formados polas CMEs e biomateriais de Col, resulta prometedor para a reparación de lesións osteocondrais.

Author and committee

dc:creator, dc:contributor.*
Author dc:creator
  • Sanjurjo-Rodríguez, Clara
Advisors dc:contributor.advisor
  • Blanco García, Francisco J
  • Díaz-Prado, Silvia

Subjects

dc:subject × 3

Rights

dc:rights.accessrights
Statement dc:rights.accessrights
  • open access
  • Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido desta tese a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo da tese como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de esta tesis a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen de la tesis como a su contenido
Language dc:language.iso
spa

Identifiers

dc:identifier.*
Handle dc:identifier.uri
https://hdl.handle.net/2183/17110

Chain of custody

source
Harvested from
Universidade da Coruna
Base URL
ruc.udc.es/rest/oai/request
Last updated
2026-11-26
Source record
OAI-PMH GetRecord
citation

Sanjurjo-Rodríguez, Clara. Ingeniería Tisular del hueso y el cartílago empleando células mesenquimales estromales y biomateriales. 2016. https://hdl.handle.net/2183/17110