Back to search

Universidade da Coruna

Producción de polihidroxialcanoatos a partir de agua residual de la industria cervecera

Abstract

dc:description.abstract

[Resumo] Hoxe en día os plásticos convertéronse en algo especial na nosa vida diaria. A versatilidade destes materiais convertelos en materias aptos para un gran rango de aplicacións, desde o campo da medicina hasta o seu emprego na industria do automóbil ou como envases contedores. O feito de que sexan materiais sintéticos permite a manipulación da súa estrutura química, podendo adoptar diferentes formas (desde fibras ate películas finas). Estes a súa vez presentan diferentes graos de resistencia física e unha elevada resistencia química. Sen embargo, ao non ser biodegradábeis, a acumulación dos plásticos no medio ambiente estase a converter nun problema medioambiental de gran dimensión. Actualmente as formas de eliminación dos plásticos do medio ambiente mais frecuentes son a incineración e o reciclaxe, pero estas presentan varios problemas. A incineración de materiais plásticos pode levar á emisión de sustancias tóxicas ó medio ambiente como poden ser os ácido clorhídrico e o ácido cianhídrico. En canto a reciclaxe, esta está restrinxida a só algúns dos materiais plásticos e, ademais, con cada ciclo de reciclaxe prodúcense cambios nos materias plásticos o que condiciona o seu uso en aplicacións posteriores. A alternativa a este problema sería o emprego de plásticos biodegradábeis que presenten propiedades similares ós dos plásticos convencionais. Entre os plásticos biodegradábeis que se coñecen na actualidade, os máis prometedores son os polihidroxialcanoatos (PHA). Estes son completamente biodegradábeis, xa que son producidos polos microorganismos como material de reserva cando son sometidos a condicións desfavorábeis para o crecemento celular na presenza dun exceso de carbono. Por outro lado, as súas propiedades son moi similares as do polipropileno e o polietileno. Na actualidade xa existen varias empresas que producen este tipo de polímeros a escala industrial, sen embargo, a substitución dos plásticos convencionais por estes polímeros non é factible hoxe en día, debido ós maiores costes de estes materiais no mercado. O alto prezo destes materiais debese en gran parte ós costes dos substratos empregados na súa produción. A produción destes compostos ten lugar mediante o emprego de cultivos puros, o que fai necesario o uso de substratos puros (glucosa, sacarosa, alcohois, etc.) e condicións estériles. Unha alternativa para Resumen y objetivos 4 reducir o prezo de mercado destes produtos sería o emprego de cultivos puros e o uso de residuos coma substratos. A produción de PHA a partir de cultivos mixtos ten lugar en sistemas nos que o doador e o aceptor de electróns están fisicamente separados (sistemas anaerobio/aerobio ou anóxico/aerobio) ou ben en sistemas onde se favorece un crecemento desequilibrado mediante a imposición de condicións da alimentación dinámica (o substrato non está dispoñíbel). No presente traballo xurdiu a posibilidade de producir PHA empregando un cultivo mixto sometido a condicións aerobias de alimentación dinámica e un efluente residual da industria cervexeira como substrato. O auga residual da industria cervexeira caracterizouse por un alto contido de materia orgánica facilmente biodegradábel que baixo condicións de fermentación acidoxénica pode ser transformada na súa totalidade en ácidos graxos volátiles (AGV), principais precursores dos PHA nos procesos aerobios de alimentación dinámica de substrato. O proceso empregado para o desenvolvemento deste traballo constou de tres etapas: 1. Fermentación acidoxénica: necesaria para transformar a materia orgánica presente na auga residual en AGV. 2. Selección do cultivo aerobio: etapa aerobia na que se selecciona un cultivo con capacidade de acumular PHA mediante o sometemento da biomasa a condicións alternas de presenza e ausencia de substrato. 3. Produción do PHA: o cultivo mixto seleccionado na segunda etapa é sometido a un pulso de substrato contendo altas concentracións de AGV para desta maneira promover ó almacenamento do PHA no interior das bacterias.

Author and committee

dc:creator, dc:contributor.*
Author dc:creator
  • Ben García, Marta
Advisors dc:contributor.advisor
  • Kennes, Christian
  • Veiga, María Carmen

Subjects

dc:subject × 3

Rights

dc:rights.accessrights
Statement dc:rights.accessrights
  • open access
  • Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido desta tese a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo da tese como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de esta tesis a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen de la tesis como a su contenido
Language dc:language.iso
spa

Identifiers

dc:identifier.*
Handle dc:identifier.uri
https://hdl.handle.net/2183/17328

Chain of custody

source
Harvested from
Universidade da Coruna
Base URL
ruc.udc.es/rest/oai/request
Last updated
2026-11-26
Source record
OAI-PMH GetRecord
citation

Ben García, Marta. Producción de polihidroxialcanoatos a partir de agua residual de la industria cervecera. 2015. https://hdl.handle.net/2183/17328