Universidade da Coruna
Estudio de los sideróforos y de las proteinas receptoras producidas por las bacterias patógenas de peces: "Photobacterium damselae subsp.psicicida y Aeromonas salmonicida subsp.salmonicida"
Abstract
dc:description.abstract[Resumo] A continuación preséntase o resumo de cada un dos capítulos que fan parte desta tese doutoral. Capítulo I: Nesta sección descríbese a importancia da acuicultura a nivel mundial e as enfermidades causadas polas bacterias patóxenas que producen grandes perdas económicas a esta industria. Do mesmo modo, abórdase o tratamento destas enfermidades e a posibilidade de usar os mecanismos de captación de ferro para desenvolver novas vacinas e antimicrobiáns. Por último, preséntanse as estratexias para a expresión heteróloga de proteínas de membrana, a súa purificación e cristalización. Capítulo II: Realizouse a clonaxe, a expresión e purificación de FrpA, proteína receptora da piscibactina, sideróforo de Photobacterium damselae subsp. piscicida. A proteína obtida utilizouse en ensaios de vacinación lográndose protección nos peixes tratados. Ademáis, mediante cristalografía de Raios X realizouse unha aproximación á estrutura tridimensional de FrpA. Por outra parte, preparáronse intermedios avanzados que permitiron progresar na síntese total da piscibactina. Capítulo III: Estudáronse os sideróforos producidos por Aeromonas salmonicida subsp. salmonicida. En primeiro lugar illáronse, purificáronse e caracterizáronse as amonabactinas Amo P 693 e Amo P 750. Posteriormente, mediante espectrometría de masas, identificáronse os complexos de Fe(III) e Ga(III) das amonabactinas Amo T 732, Amo T 789, Amo P 693 e Amo P 750. Por outra parte, realizouse a clonaxe, a expresión e purificación de FstA, proteína receptora de sideróforos desta bacteria.
Author and committee
dc:creator, dc:contributor.*- Author dc:creator
-
- Valderrama Pereira, Andrea Katherine
- Advisors dc:contributor.advisor
-
- Vila-Sanjurjo, Antón
- Jiménez, Carlos
- Rodríguez, Jaime
Subjects
dc:subject × 4Rights
dc:rights.accessrights- Statement dc:rights.accessrights
-
- open access
- Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido desta tese a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo da tese como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de esta tesis a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen de la tesis como a su contenido
- Language dc:language.iso
- spa
Identifiers
dc:identifier.*- Handle dc:identifier.uri
- https://hdl.handle.net/2183/17579