Universidade da Coruna
Classic molecular compounds and emergent organic-inorganic hybrid perovskites with (multi) functional properties and (multi)stimuli responsiveness
Abstract
dc:description.abstract[Resumo] Esta Tese de Doutoramento céntrase no desenvolvemento de novos materiais (multi)funcionais e (multi)sensibles, baseados en híbridos orgánico-inorgánicos e compostos moleculares, onde a aplicación de diferentes estímulos externos (temperatura, presión isostática/uniaxial externa e/ou presión química interna) é capaz de inducir unha función específica nestes materiais. Ademais, este estudo trata de atopar novos precursores híbridos de materiais nanoestruturados de carbono. Estas son áreas importantes de investigación en Ciencia de Materiais por mor do potencial destes materiais para aplicacións tecnolóxicas e medioambientais, que están relacionadas coas súas propiedades funcionais como, por exemplo, piezoeletricidade, ferroeletricidade, ferromagnetismo, magnetorresistencia, supercondutividade, multiferroicidade, etc. Neste contexto, esta Tese de Doutoramento explora as propiedades funcionais nos novos compostos híbridos orgánico-inorgánicos de fórmula molecular [TPrA][M(dca)3] (M = Mn2+, Fe2+, Co2+ e Ni2+) e estrutura tipo perovskita; ademais de materiais moleculares coñecidos como o ferroceno, [Fe(C5H5)2], e o amino-borano (H3N·BH3). Estes estudos tamén revelaron efectos calóricos inducidos pola presión sobre o composto [TPrA][Mn(dca)3], o que demostra gran potencial para aplicacións en refrixeración de estado sólido. Finalmente, verificouse que os compostos [TPrA][M(dca)3] (M = Ni2+ e Co2+) son precursores versátiles para sintetizar nanotubos de carbono con nanopartículas magnéticas incorporadas, M@CNTs (M = Ni2+ e Co2+), usando un método sinxelo, escalable e accesible.
Author and committee
dc:creator, dc:contributor.*- Author dc:creator
-
- Bermúdez-García, Juan Manuel
- Advisors dc:contributor.advisor
-
- Señarís-Rodríguez, M. A.
- Sánchez-Andújar, Manuel
Subjects
dc:subject × 2Rights
dc:rights.accessrights- Statement dc:rights.accessrights
-
- open access
- Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido desta tese a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo da tese como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de esta tesis a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen de la tesis como a su contenido
- Language dc:language.iso
- spa
Identifiers
dc:identifier.*- Handle dc:identifier.uri
- https://hdl.handle.net/2183/17697