Back to search

Universidade da Coruna

Study of the effects produced by time modulation applied to an antenna array in digital transmission systems

Abstract

dc:description.abstract

[Resumo] Os selos de identidade das comunicacións móbiles e sen fíos de hoxe en día son a demanda continua e crecente de mobilidade, capacidade e fiabilidade, xunto cun firme e definitivo compromiso coa sustentabilidade. Baixo estas premisas, as antenas intelixentes –capaces de sensar a contorna electromagnética e adaptar de xeito eficaz as súas características de radiación– están chamadas a xogar un papel crucial nas ditas comunicacións. Neste senso, os estándares sen fíos actuais consideran técnicas multi-antena encamiñadas a explotar a diversidade espacial, o multiplexado espacial e o conformado de feixe, acadando así mellores niveis de fiabilidade e capacidade. Con todo, ditas vantaxes obtéñense a expensas dun incremento da complexidade do sistema, factor non sempre asumible en termos de tamaño e eficiencia enerxética. Consecuentemente, suscítanse unha serie de retos de cara a desenvolver tecnoloxías de antena axeitadas e capaces de dar resposta ás anteriores prestacións no espazo limitado que dita a mobilidade. O concepto de agrupación de antenas modulada temporalmente (TMAs, do inglés time-modulated arrays) é unha técnica multi-antena que achega unha simplificación hardware significativa: o seu diagrama de radiación contrólase mediante a sinxela aplicación de pulsos periódicos de duración variable ás excitacións individuais da agrupación. A natureza non lineal desta operación causa a aparición de diagramas de radiación nas frecuencias harmónicas dos pulsos periódicos aplicados. A técnica pode empregarse para mellorar a topoloxía do nivel dos lóbulos secundarios do diagrama de radiación na frecuencia central e/ou para explotar de xeito proveitoso os diagramas dos harmónicos, dotando á antena de capacidades de antena intelixente. Esta tese é o resultado dunha investigación das TMAs dende unha perspectiva interdisciplinaria, é dicir, non soamente dende a óptica do diagrama de radiación ou das agrupacións de antenas, senón tamén dende un punto de vista de procesado do sinal. Máis concretamente, a tese é unha análise en profundidade da aplicación das TMAs ás comunicacións dixitais, desenvolvida en catro etapas: 1) análise matemática da posibilidade de transmitir sinais dixitais mediante TMAs, identificando as restricións para salvagardar a integridade do sinal e cuantificando a potencia radiada, 2) caracterización da taxa de erro de bit dun sistema de comunicación dixital que incorpora un TMA en recepción explotando o seu modo fundamental e considerando canles con ruído branco Gaussiano, 3) estudo das prestacións das TMAs –explotando os harmónicos– na recepción de sinais de comunicación dixitais con diversidade angular en canles multitraxecto con esvaecemento, 4) caracterización de TMAs para conformado de feixe mediante o uso de pulsos de suma de cosenos ponderados no lugar de pulsos rectangulares, chegando ás denominadas TMAs melloradas, dotadas dunha resposta superior en termos de flexibilidade e eficiencia.

Author and committee

dc:creator, dc:contributor.*
Author dc:creator
  • Maneiro-Catoira, Roberto
Advisors dc:contributor.advisor
  • Brégains, Julio
  • García-Naya, José A.

Subjects

dc:subject × 3

Rights

dc:rights.accessrights
Statement dc:rights.accessrights
  • open access
  • Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido desta tese a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo da tese como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de esta tesis a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen de la tesis como a su contenido
Language dc:language.iso
eng

Identifiers

dc:identifier.*
Handle dc:identifier.uri
https://hdl.handle.net/2183/19161

Chain of custody

source
Harvested from
Universidade da Coruna
Base URL
ruc.udc.es/rest/oai/request
Last updated
2026-11-26
Source record
OAI-PMH GetRecord
citation

Maneiro-Catoira, Roberto. Study of the effects produced by time modulation applied to an antenna array in digital transmission systems. 2017. https://hdl.handle.net/2183/19161