Universidade da Coruna
On conditionality: a corpus-based study of conditional structures in late modern english scientific texts
Abstract
dc:description.abstract[Resumo] Sobre a condicionalidade: Un estudo baseado en corpus das estruturas condicionais en textos científicos de Inglés Moderno Tardío. Os séculos XVIII e XIX representan o período principal de desenvolvemento do rexistro científico en inglés. Este rexistro, porén, non debe entenderse coma un ente monolítico, senón, ao contrario, coma unha entidade con múltiples facetas que presenta importantes variacións en función dunha serie de parámetros, como a disciplina e o xénero dos textos ou a orixe xeográfica e o sexo dos autores, ademais da evidente variación ao longo do tempo. Unha das características principais do rexistro científico durante o período estudado é a súa evolución cara a un modelo no cal os autores teñen que persuadirse uns a outros da veracidade das súas afirmacións, o que fan mediante o uso de certas estratexias lingüísticas determinadas. As condicionais son unha destas estratexias. As condicionais presentan unha moi importante variabilidade tanto formal coma funcional, realizando os máis diversos roles no discurso, entre eles o de modular afirmacións dun autor de cara a obter unha mellor recepción da audiencia. O obxectivo principal desta tese é analizar os usos das condicionais nos textos científicos dos ss. XVIII e XIX, analizando a variabilidade tanto formal como funcional das condicionais e os seus usos como estratexias discursivas de cara a conseguir unha mellor recepción do discurso. Para facer isto, analizarase o uso das condicionais en tres subcorpus do Coruña Corpus of English Scientific Writing, prestando atención tanto á forma das condicionais (partícula, orde dos constituíntes, combinacións de verbos), como á súa función, e analizando os datos en función dos diversos parámetros de variabilidade do rexistro científico (diacronía, disciplina, xénero, orixe e sexo), de cara a observar posibles diferencias nos usos das condicionais nos diferentes tipos de rexistro científico.
Author and committee
dc:creator, dc:contributor.*- Author dc:creator
-
- Puente-Castelo, Luis
- Advisor dc:contributor.advisor
-
- Crespo, Begoña
Subjects
dc:subject × 3Rights
dc:rights.accessrights- Statement dc:rights.accessrights
-
- open access
- Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido desta tese a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo da tese como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de esta tesis a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen de la tesis como a su contenido
- Language dc:language.iso
- eng
Identifiers
dc:identifier.*- Handle dc:identifier.uri
- https://hdl.handle.net/2183/19166