Back to search

Universidade da Coruna

A construcción biográfica do labor de orientación en educación infantil e primaria en Galicia

Abstract

dc:description.abstract

[Resumo] Nesta pesquisa abórdase a construción do labor de orientación en educación infantil e primaria no escenario socioeducativo e lexislativo de Galicia. A partir dun estudo metodolóxico biográfico-narrativo investíganse as traxectorias de cinco orientadoras fraguadas no transcurso de experiencias vitais e profesionais que comezan antes da institucionalización da orientación en Galicia. Preséntase dous tipos de resultados: as historia de vida individuais e a análise comparativa das cinco narrativas. Ca análise comparativa reconstrúese o sentido do labor de orientación amosando as relacións entre o contexto socioeducativo, as experiencias e as representacións das profesionais investigadas. Os achados amosan que as orientadoras foron construíndo as súas representacións sobre o labor focalizándose na atención á diversidade, entendida dende o modelo de integración. Tanto as condicións de traballo como as demandas do profesorado, focalizadas nas necesidades do alumnado individual, combínanse para limitar o horizonte do labor. Aínda así, a análise realizada revelou a formulación diferencial da praxe orientadora segundo tres patróns de identidade profesional: identidade activista, identidade proactiva e identidade pragmática.

Author and committee

dc:creator, dc:contributor.*
Author dc:creator
  • Pérez Crego, María Cristina
Advisors dc:contributor.advisor
  • Rodríguez-Romero, Mar
  • Arza Arza, Neves

Subjects

dc:subject × 2

Rights

dc:rights.accessrights
Statement dc:rights.accessrights
  • open access
  • Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido desta tese a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo da tese como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de esta tesis a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen de la tesis como a su contenido
Language dc:language.iso
glg

Identifiers

dc:identifier.*
Handle dc:identifier.uri
https://hdl.handle.net/2183/19434

Chain of custody

source
Harvested from
Universidade da Coruna
Base URL
ruc.udc.es/rest/oai/request
Last updated
2026-11-26
Source record
OAI-PMH GetRecord
citation

Pérez Crego, María Cristina. A construcción biográfica do labor de orientación en educación infantil e primaria en Galicia. 2017. https://hdl.handle.net/2183/19434