Universidade da Coruna
As relacións sexoafectivas intermasculinas e interfemininas no trobadorismo galego
Abstract
dc:description.abstract[Resumo] As relacións sexoafectivas intermasculinas e interfemininas no trobadorismo galego Esta disertación de doutoramento aborda a presenza das relacións sexuais e das ligazóns de afectividade intensa, non familiar, entre homes ou entre mulleres nas cantigas medievais en galego-portugués. Principia cunha contextualización histórico-literaria sobre o fenómeno trobadoresco galego e o funcionamento do xénero satírico, con especial atención ao recurso da equivocatio, e estuda tamén como o xurdimento da noción de sodomía supón un punto de inflexión na historia da sexualidade e dos afectos. Tendo en conta este marco, ofrécese unha revisión das relacións intermasculinas e interfemininas nas literaturas medievais. Delimitouse un corpus de estudo de 87 cantigas (cuxa edición instrumental se acompaña en apéndice), no cal se analizan os significantes homosexuais que se verifican neses textos ou que así foron atendidos pola crítica filolóxico-literaria nalgún momento. Após estudar algúns casos hipotéticos de poemas amatorios entre dous homes ou entre dúas mulleres, examínase e esquematízase o nutrido conxunto de invectivas en que aparecen elementos repertoriais intermasculinos ou interfemininos, cunha perspectiva de análise lingüística e literaria, mais tamén histórica e antropolóxico-social, en diálogo con outros textos xurídicos, poéticos etc.
Author and committee
dc:creator, dc:contributor.*- Author dc:creator
-
- Callón, Carlos
- Advisors dc:contributor.advisor
-
- García Negro, María Pilar
- Ferreiro, Manuel
Subjects
dc:subject × 5Rights
dc:rights.accessrights- Statement dc:rights.accessrights
-
- open access
- Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido desta tese a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo da tese como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de esta tesis a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen de la tesis como a su contenido
- Language dc:language.iso
- glg
Identifiers
dc:identifier.*- Handle dc:identifier.uri
- https://hdl.handle.net/2183/19445