Back to search

Universidade da Coruna

Caídas, factores asociados y de riesgo en una población de personas mayores frágiles:Estudio transversal con validación del diagnóstico de enfermería

Abstract

dc:description.abstract

[Resumo] Introdución Na actualidade, o síndrome de fraxilidade, estreitamente ligado á perda de funcionalidade, considérase un dos Síndromes Xeriátricos de maior relevancia a nivel preventivo, diagnóstico e terapéutico na atención ás persoas maiores. Espérase que en anos sucesivos xere un alto impacto social e sanitario. Por este motivo, a actuación e investigación no grupo de maiores fráxiles está a converterse nunha prioridade a nivel mundial, para garantir unha adecuada atención a este grupo de poboación, baseándose sobre todo en mellorar a detección e a intervención sobre a fraxilidade e as caídas, para así poder atrasar e/ou evitar a perda de funcionalidade, inherente a ambas situacións. Obxectivos Describir as características xerais e os factores de risco de caídas dunha mostra de maiores institucionalizados e fráxiles, segundo presenten antecedentes ou non de caídas nos últimos seis meses. Material e Método Realizouse un estudo observacional retrospectivo de casos (caídas nos últimos seis meses) e controis (non caídas rexistradas nos últimos seis meses) nunha mostra de 73 persoas maiores fráxiles, institucionalizadas no Complexo Xerontolóxico A Milagrosa na Coruña. Resultados A media de idade foi de 86,75±7,98 anos, o 74% foron mulleres e o número de caídas foi de 61 cunha media de 0,84±1,35 por suxeito, sendo a causa da caída, factores intrínsecos nun 57,3%. Os factores de risco máis frecuentemente presentados polos maiores fráxiles institucionalizados co diagnóstico enfermeiro “risco de caídas” son a presenza de antecedentes de caídas e o uso de suxeicións. Conclusións Os resultados recollidos na validación clínica móstrannos que os factores de risco antecedentes de caídas e uso de suxeicións son bos preditores do diagnóstico enfermeiro “risco de caídas” nos maiores fráxiles institucionalizados. Os demais factores de risco recollidos en NANDA-I Diagnósticos Enfermeiros 2015- 2017 non foron específicos e preditivos do diagnóstico estudado.

Author and committee

dc:creator, dc:contributor.*
Author dc:creator
  • García Martínez, Carmen María
Advisors dc:contributor.advisor
  • Millán-Calenti, José Carlos
  • Lorenzo-López, Laura
  • Movilla Fernández, María Jesús

Subjects

dc:subject × 3

Rights

dc:rights.accessrights
Statement dc:rights.accessrights
  • open access
  • Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido desta tese a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo da tese como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de esta tesis a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen de la tesis como a su contenido
Language dc:language.iso
spa

Identifiers

dc:identifier.*
Handle dc:identifier.uri
https://hdl.handle.net/2183/19454

Chain of custody

source
Harvested from
Universidade da Coruna
Base URL
ruc.udc.es/rest/oai/request
Last updated
2026-11-26
Source record
OAI-PMH GetRecord
citation

García Martínez, Carmen María. Caídas, factores asociados y de riesgo en una población de personas mayores frágiles:Estudio transversal con validación del diagnóstico de enfermería. 2017. https://hdl.handle.net/2183/19454