Universidade da Coruna
Desarrollo local y turismo industrial: el caso de España y Portugal
Abstract
dc:description.abstract[Resumo] O turismo identifícase como un motor para o desenvolvemento socioeconómico polo que cada vez é máis frecuente considerar a actividade turística unha ferramenta eficaz para mitigar problemas de diversos territorios e, especificamente, de zonas industriais (Edwards y Llurdés i Coit, 1996; Llurdés i Coit, 1999; Hospers, 2002; Castillo, López y Millán, 2010; Prat y Díaz, 2014). Desde esta perspectiva, xorde o turismo industrial coma unha tipoloxía turística que trata de aproveitar o potencial interese cultural que os visitantes teñen sobre o patrimonio do fenómeno da industrialización (patrimonio histórico industrial e patrimonio industrial activo). Partindo desta base, o obxectivo xeral da presente tese de doutoramento é analizar a contribución do turismo industrial ao desenvolvemento local. Para realizar o estudo elixíronse catro destinos que forman parte da oferta turística en España e Portugal: Las Médulas en León; Taramundi en Asturias; Ferrol en e Vila Nova de Gaia en Portugal. O traballo de campo realizouse empregando unha metodoloxía combinada de enfoque cualitativo (revisión bibliográfica, traballo de gabinete, entrevistas en profundidade a expertos locais e académicos e observación participante) acompañada dunha metodoloxía de tipo cuantitativo (enquisas).
Author and committee
dc:creator, dc:contributor.*- Author dc:creator
-
- Caamaño-Franco, Iria
- Advisors dc:contributor.advisor
-
- Álvarez-Sousa, Antonio
- Andrade, María
Subjects
dc:subject × 7Rights
dc:rights.accessrights- Statement dc:rights.accessrights
-
- open access
- Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido desta tese a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo da tese como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de esta tesis a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen de la tesis como a su contenido
- Language dc:language.iso
- spa
Identifiers
dc:identifier.*- Handle dc:identifier.uri
- https://hdl.handle.net/2183/19566