Back to search

Universidade da Coruna

Estudio de ambientes interiores marinos

Abstract

dc:description.abstract

[Resumo] O informe da Axencia Europea de Seguridade Marítima realizado entre 2011-2014 para buques europeos, amosou que o 67% dos accidentes e incidentes producidos a bordo dos mesmos foron causados por erros humanos, dentro destes erros identificouse a fatiga como unha das posibles causas. Na resolución A.772 (18) "Factores que contribúen á fatiga" da Organización Marítima Internacional (OMI) defínese a fatiga como unha diminución no rendemento humano, polo que a OMI abordou a cuestión da fatiga mediante as horas de traballo e descanso a través de varios convenios e códigos, o Convenio sobre Normas de Formación, Titulación e Garda da Xente de Mar (STCW), o Código Internacional de Seguridade a Bordo (IGS) e mediante o Convenio sobre o Traballo Marítimo 2006 (CTM2006), este último desenvolvido pola Organización Internacional do Traballo (OIT). Ademais de facer fronte á fatiga a través das horas de traballo e descanso da xente de mar, o que serían as condicións de traballo a bordo, faise necesario tamén analizar as condicións ambientais nas que se desenvolve este traballo e que pode propiciar a aparición de fatiga ao tratarse de condicións extremas de temperatura, ruído, vibracións, etc. Por todo iso, na presente tese analizarase a aparición da fatiga desde dous aspectos diferenciados pero relacionados entre si. Por unha banda as condicións de traballo a bordo, entendendo estas condicións como a carga de traballo, é dicir, horas empregadas, persoal suficiente para realizar as tarefas, descanso, etc., e por outra banda, as condicións ambientais, entendendo estas condicións como a temperatura e o ruído que hai no lugar de traballo. Co fin de poder entender as condicións a bordo dun buque e a percepción que teñen os traballadores sobre a fatiga, buscouse coñecer a súa opinión mediante unha enquisa con preguntas encamiñadas a recoñecer as devanditas condicións. Por outra banda, para coñecer as condicións ambientais de ruído e temperatura empregáronse aparellos de medida en dous tipos de barcos nos que máis representación houbo de respostas á enquisa anteriormente citada.

Author and committee

dc:creator, dc:contributor.*
Author dc:creator
  • Bouzón, Rebeca
Advisors dc:contributor.advisor
  • Orosa, José A.
  • Costa, Ángel M.

Subjects

dc:subject × 5

Rights

dc:rights.accessrights
Statement dc:rights.accessrights
  • open access
  • Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido desta tese a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo da tese como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de esta tesis a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen de la tesis como a su contenido
Language dc:language.iso
spa

Identifiers

dc:identifier.*
Handle dc:identifier.uri
https://hdl.handle.net/2183/19750

Chain of custody

source
Harvested from
Universidade da Coruna
Base URL
ruc.udc.es/rest/oai/request
Last updated
2026-11-26
Source record
OAI-PMH GetRecord
citation

Bouzón, Rebeca. Estudio de ambientes interiores marinos. 2017. https://hdl.handle.net/2183/19750