Universidade da Coruna
Atributos químicos de um ferralsol tratado com lodo de esgoto e plantas nativas introduzidas
Abstract
dc:description.abstract[Resumo] As áreas con solo decapitado, utilizadas para a construción de centrais hidroeléctricas, poden ser consideradas áreas degradadas, porque nelas elimináronse os horizontes superficiais do solo, que é unha forma común de perturbación e degradación ambiental no Brasil. Este traballo tivo como obxectivo estudar, mediante as propiedades químicas, a recuperación dun Ferralsol orixinado dos procesos de extracción de materiais e construción da central hidroeléctrica de Illa Solteira-São Paulo. O traballo de campo comezou en febreiro de 2004 e rematou en decembro de 2012. O deseño experimental foi o de bloques ao azar con 5 tratamentos, 4 profundidades e 5 repeticións, sendo caracterizada tamén unha zona control (solo con vexetación nativa do ecosistema de cerrado). Os tratamentos estudados foron os seguintes: control – solo exposto (sen manexo); especies arbóreas Astronium fraxinifolium; Astronium fraxinifolium + Canavalia ensiformis; Astronium fraxinifolium + Raphanus sativus ata 2005, e despois substituído por Crotalaria juncea; e Astronium fraxinifolium + Brachiaria decumbens + lodo de depuradora (60 Mg ha-1). Foron avaliadas as seguintes propiedades no solo: Fósforo (P), materia orgánica (MO), Potasio (K), Calcio (Ca), Magnesio (Mg), pH, acidez potencial (H Al), Aluminio de cambio (Al ), Capacidade de Intercambio Catiónico potencial (T) e Saturación de Bases (V). En xeral, no que se refire ás propiedades químicas do solo, o tratamento Astronium fraxinifolium + braquiária + lodo de depuradora foi o que máis se aproximou ás condicións de cerrado orixinal para o horizonte de 0 a 0,20 m de profundidade tras oito anos de estudo.
Author and committee
dc:creator, dc:contributor.*- Author dc:creator
-
- Dos Santos, Talles Eduardo Borges
- Advisors dc:contributor.advisor
-
- Lado, Marcos
- Vidal-Vázquez, Eva
Subjects
dc:subject × 3Rights
dc:rights.accessrights- Statement dc:rights.accessrights
-
- open access
- Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido desta tese a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo da tese como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de esta tesis a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen de la tesis como a su contenido
- Language dc:language.iso
- por
Identifiers
dc:identifier.*- Handle dc:identifier.uri
- https://hdl.handle.net/2183/19755