Back to search

Universidade da Coruna

Estudio taxonómico y evolutivo de la subtribu Anthoxanthinae (Poaceae; Pooideae)

Abstract

dc:description.abstract

[Resumo] A subtribo Anthoxanthinae (Poaceae; Pooideae; Poeae) está formada por dous xéneros moi próximos filoxenéticamente, Anthoxanthum e Hierochloë, cuxa adscrición taxonómica segue sendo fonte de controversias. Aínda así, foi considerada adecuada como organismo modelo para o estudo da evolución recente das gramíneas C3 debido á súa incompleta diferenciación morfolóxica, a súa ampla distribución xeográfica e a súa estrutura citoxenética. Nesta Tese de Doutoramento utilízanse diferentes métodos para contribuír a clarificar a taxonomía e establecer as relacións filoxenéticas entre os representantes da subtribo Anthoxanthinae. Para acadar os obxectivos do traballo empregáronse métodos estatísticos multivariantes para o tratamento dos datos morfolóxicos, análises filoxenéticas para procesar os datos moleculares, desenvolvéronse marcadores microsatélites e determinouse o tamaño xenómico mediante citometría de fluxo, que se relacionou cos niveis de ploidía. Primeiro, fíxose un estudo da subtribo integrando datos morfolóxicos, ecolóxicos, citoxenéticos e moleculares para clarificar a súa historia evolutiva (incluíndo patróns bioxeográficos xerais) e a súa organización taxonómica (capítulo 1). Despois, profundouse na sección Monoecia do xénero Hierochloë, modelo de diversificación de plantas C3 nos Andes (capítulo 2). A continuación, realizouse a revisión taxonómica desta sección (capítulo 3) e das especies ibéricas do xénero Anthoxanthum (capítulo 4). Finalmente, desenvolvéronse marcadores moleculares específicos (microsatélites) non plastídicos para as especies do complexo eurosiberiano do xénero Anthoxanthum, seleccionándose 15 parellas de primers obtidas a partir dun test preliminar realizado coas liñaxes diploides do complexo diploide mediterráneo A. aristatum/A. ovatum (capítulo 5).

Author and committee

dc:creator, dc:contributor.*
Author dc:creator
  • Lema-Suárez, Irene
Advisors dc:contributor.advisor
  • Sahuquillo, Elvira
  • Pimentel Pereira, Manuel
  • Insua, Ana

Subjects

dc:subject × 4

Rights

dc:rights.accessrights
Statement dc:rights.accessrights
  • open access
  • Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido desta tese a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo da tese como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de esta tesis a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen de la tesis como a su contenido
Language dc:language.iso
spa

Identifiers

dc:identifier.*
Handle dc:identifier.uri
https://hdl.handle.net/2183/20088

Chain of custody

source
Harvested from
Universidade da Coruna
Base URL
ruc.udc.es/rest/oai/request
Last updated
2026-11-26
Source record
OAI-PMH GetRecord
citation

Lema-Suárez, Irene. Estudio taxonómico y evolutivo de la subtribu Anthoxanthinae (Poaceae; Pooideae). 2017. https://hdl.handle.net/2183/20088