Universidade da Coruna
Deseño, construción e validación dun clasificador de imaxes segundo criterios estéticos
Abstract
dc:description.abstract[Resumo] Esta investigación propón un achegamento cara a obtención dunha medida computacional do valor estético dunha imaxe, a través de criterios como o estilo, a complexidade ou a beleza. Preténdese abordar o tema da clasificación e ordenación de imaxes segundo criterios estéticos. Para isto deseñaranse e realizaranse diferentes experimentos, cos seguintes obxectivos: 1. Validación de características obxectivas: mediante a identificación de autoría de obras de arte e a diferenciación entre pinturas e fotografías. 2. Validación da percepción estética do clasificador mediante tests psicolóxicos. 3. Validación de características subxectivas: predición da percepción de complexidade. Nestas tarefas inclúese a determinación dun conxunto de métricas óptimo para medir a complexidade estética, para o que se utilizan os métodos de compresión JPEG e fractal, a lei de Zipf e a dimensión fractal, xunto cos filtros de detección de bordes Canny e Sobel sobre un modelo de cor HSV. Os resultados obtidos compáranse con outras aproximacións e coas percepcións de humanos. Os resultados mostran que é posible predicir a complexidade percibida polos humanos a partir dunha serie de métricas da imaxe relacionadas coa complexidade e demóstrase a relevancia das métricas de estimación de complexidade baseadas no erro de compresión en clasificacións de estilo e complexidade.
Author and committee
dc:creator, dc:contributor.*- Author dc:creator
-
- Castro, M. Luz
- Advisors dc:contributor.advisor
-
- Carballal, Adrián
- Romero, Juan
Subjects
dc:subject × 3Rights
dc:rights.accessrights- Statement dc:rights.accessrights
-
- open access
- Atribución-NoComercial-SinDerivadas 3.0 España
- Licence dc:rights.uri
- Language dc:language.iso
- glg
Identifiers
dc:identifier.*- Handle dc:identifier.uri
- https://hdl.handle.net/2183/20157