Back to search

Universidade da Coruna

O muralismo no conxunto da obra artística e literaria de Luís Seoane

Abstract

dc:description.abstract

[Resumo] Esta Tese trata da arte mural practicada polo poliédrico artista Luís Seoane (1910‒1979), relacionándoa co conxunto da súa creación plástica e literaria, co obxectivo principal de destacar o elevado valor desta no seu complexo e diversificado universo creativo. Partindo dun principio globalizador asumido polo propio artista, considérase neste corpus non só os seus murais e proxectos previos, senón tamén as súas vidreiras e tapices, material básico que facilitamos nos distintos inventarios. Seguindo unha metodoloxía ecléctica, pártese dunha contextualización xeral arredor deste artista centrada na poliaptitude e polifacetismo da súa diversificada produción. Confrontando e contextualizando os ideias muralísticos de Seoane en relación co panorama xeral do muralismo do século XX, analízanse as súas producións, subliñando a súa importancia e singularidade. Finalmente, dada a síntese interartística existente na obra de Seoane, móstranse as distintas relacións transitivas e recíprocas desas obras muralísticas co seu labor literario e ensaístico, e a posteriori, co seu traballo artístico-plástico, no plano conceptual e temático. Así, apréciase a arte mural en perfecta coherencia, recíproca e transitiva, coas demais obras do autor, aínda que sobresaíndo a súa centralidade no totum artístico seoaniano.

Author and committee

dc:creator, dc:contributor.*
Author dc:creator
  • Rei Castro, Micaela
Advisors dc:contributor.advisor
  • Martínez Pereiro, Carlos Paulo
  • López, Teresa

Subjects

dc:subject × 3

Rights

dc:rights.accessrights
Statement dc:rights.accessrights
  • open access
  • Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido desta tese a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo da tese como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de esta tesis a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen de la tesis como a su contenido
Language dc:language.iso
glg

Identifiers

dc:identifier.*
Handle dc:identifier.uri
https://hdl.handle.net/2183/21657

Chain of custody

source
Harvested from
Universidade da Coruna
Base URL
ruc.udc.es/rest/oai/request
Last updated
2026-11-26
Source record
OAI-PMH GetRecord
citation

Rei Castro, Micaela. O muralismo no conxunto da obra artística e literaria de Luís Seoane. 2018. https://hdl.handle.net/2183/21657