Universidade da Coruna
Evaluation and optimization of Big Data Processing on High Performance Computing Systems
Abstract
dc:description.abstract[Resumo] Hoxe en día, moitas organizacións empregan tecnoloxías Big Data para extraer información de grandes volumes de datos. A medida que o tamaño destes volumes crece, satisfacer as demandas de rendemento das aplicacións de procesamento de datos masivos faise máis difícil. Esta Tese céntrase en avaliar e optimizar estas aplicacións, presentando dúas novas ferramentas chamadas BDEv e Flame-MR. Por unha banda, BDEv analiza o comportamento de frameworks de procesamento Big Data como Hadoop, Spark e Flink, moi populares na actualidade. BDEv xestiona a súa configuración e despregamento, xerando os conxuntos de datos de entrada e executando cargas de traballo previamente elixidas polo usuario. Durante cada execución, BDEv extrae diversas métricas de avaliación que inclúen rendemento, uso de recursos, eficiencia enerxética e comportamento a nivel de microarquitectura. Doutra banda, Flame-MR permite optimizar o rendemento de aplicacións Hadoop MapReduce. En xeral, o seu deseño baséase nunha arquitectura dirixida por eventos capaz de mellorar a eficiencia dos recursos do sistema mediante o solapamento da computación coas comunicacións. Ademais de reducir o número de copias en memoria que presenta Hadoop, emprega algoritmos eficientes para ordenar e mesturar os datos. Flame-MR substitúe o motor de procesamento de datos MapReduce de xeito totalmente transparente, polo que non é necesario modificar o código de aplicacións xa existentes. A mellora de rendemento de Flame-MR foi avaliada de maneira exhaustiva en sistemas clúster e cloud, executando tanto benchmarks estándar coma aplicacións pertencentes a casos de uso reais. Os resultados amosan unha redución de entre un 40% e un 90% do tempo de execución das aplicacións. Esta Tese proporciona aos usuarios e desenvolvedores de Big Data dúas potentes ferramentas para analizar e comprender o comportamento de frameworks de procesamento de datos e reducir o tempo de execución das aplicacións sen necesidade de contar con coñecemento experto para elo.
Author and committee
dc:creator, dc:contributor.*- Author dc:creator
-
- Veiga, Jorge
- Advisors dc:contributor.advisor
-
- Touriño, Juan
- Expósito, Roberto R.
Subjects
dc:subject × 3Rights
dc:rights.accessrights- Statement dc:rights.accessrights
-
- open access
- Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido desta tese a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo da tese como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de esta tesis a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen de la tesis como a su contenido
- Language dc:language.iso
- eng
Identifiers
dc:identifier.*- Handle dc:identifier.uri
- https://hdl.handle.net/2183/21710