Universidade da Coruna
Poder y educación: la construcción de los universos sociopolíticos a través de los discursos y las prácticas curriculares mediadas por los libros de texto
Abstract
dc:description.abstract[Resumo] Nesta investigación pártese da hipótese de que malia que o xurdimento da Democracia é considerado o acontecemento máis importante do século XX (Amartya. Sen, Carole Pateman, Boaventura de Sousa Santos, etc.), o modo no que se representa como forma de ordenación social e política na red de discursos curriculares, as práticas e experiencias escolares, ten unha naturaleza restrinxida e unidimensional. Esta investigación ten como obxectivo desentrañar as estratexias mediante as cales se leva a cabo o proceso de ensino e a aprendizaxe dos universos democráticos (ideas, experiencias e práticas democráticas) do alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria na Provincia da Coruña, Galicia. O corpus de análise está integrado por 58 libros de texto das materias Educación Ético-Cívica, Educación para la Ciudadanía y los Derechos Humanos, Historia, Latin, Lingua castelá e Literatura, Lingua galega e Literatura, Relixión e Xeografía) de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) das editoriais Anaya, Edebé, Rodeira, Santillana e SM dos cuatro niveis da ESO. Empregouse unha metodoloxía de análise cualitativa de datos, cun itinerario analítico dedutivo-indutivo. As categorías dedutivas construironse a partires duhna síntese das categorías empregadas, por unha banda, no estudo comparativo internacional da International Association for the Evaluation of Educational Achievement (IEA), titulado International Report: Civic knowledge, attitudes, and engagement among lower-secondary school students in 38 countries (ICCS 2009); e por outra, naquelas categorías construidas por investigadores no campo da democracia e contenda política como David Held, Pierre Rosanvallon e Boaventura de Sousa Santos. De igual modo, mediante a realización de entrevistas semiestruturadas e grupos de discusión do alumnado e entrevistas ao profesorado, levouse a cabo unha aproximación a 11 Institutos de Educación Secundaria (IES) para establecer o modelo de prácticas e experiencias democráticas que son proporcionadas e promovidas na vida escolar e desde as institucións escolares. Os principais resultados aos que se chegaron nesta investigación son dous. O discurso curricular (textos e imaxes) orienta a idea de democracia cara a un deseño estritamente electoralista, representativo e elitista en detrimento doutros deseños institucionais democráticos como a democracia participativa, a democracia de alta intensidade ou, en xeral, aqueles deseños nos que teñen cabida outros vectores de expresión sociopolítica diferentes ao ritual electoral e que se vinculan coas acción sociais e coa participación política cidadá. Por outra banda, as entrevistas, grupos de discusión e observacións amosan que as experiencias e as prácticas democráticas na aula e o centro educativo reforzan unha idea procedimental, electoralista e elitista da democracia, á vez que non favorecen nin permiten a súa aprendizaxe dun modo participativo.
Author and committee
dc:creator, dc:contributor.*- Author dc:creator
-
- García-Serna, Jaime A.
- Advisor dc:contributor.advisor
-
- Torres Santomé, Jurjo (Jorge)
Subjects
dc:subject × 4Rights
dc:rights.accessrights- Statement dc:rights.accessrights
-
- open access
- Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido desta tese a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo da tese como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de esta tesis a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen de la tesis como a su contenido
- Language dc:language.iso
- spa
Identifiers
dc:identifier.*- Handle dc:identifier.uri
- https://hdl.handle.net/2183/21764