Universidade da Coruna
A aprendizaxe da música a través da relación da música culta da tradición Occidental e da música popular moderna e contemporánea: unha investigación etnográfica na educación secundaria post-obrigatoria
Abstract
dc:description.abstract[Resumo] Esta investigación busca coñecer a configuración da ensinanza da música dentro da vía do Bacharelato de Artes Escénicas, Musicais e Danza, establecida dentro do marco lexislativo da LOE. Así, trátase de analisar a natureza e os fundamentos destas aprendizaxes observando, á súa vez, como se trasladan a nível de aula. O seu carácter etnográfico adecúase ao obxectivo de revelar como a música, alén de ser unha materia escolar, forma parte da cultura das persoas involucradas, sendo axentes musicais activos na súa vida diaria. Así, a etnografía permite acadar unha comprensión sobre as actitudes, bagaxe e preferencias dos estudantes cara a música, enriquecendo a visión de como se desenvolven as aprendizaxes dentro da aula. Tamén permite observar como o currículo das materias se adapta aos coñecementos, capacidades e expectativas do alumnado mediante a labor desenvolvida pola profesora. Como resultado, ao considerar a música como unha práctica culturalmente situada, a pesquisa esclarece as influencias que os presupostos culturais e sociais teñen sobre o deseño curricular, cuestionando criticamente a súa adecuación respeito ás diferentes culturas e sensibilidades musicais presentes na aula e ás necesidades de formación profesionalizadora do alumnado desta vía académica.
Author and committee
dc:creator, dc:contributor.*- Author dc:creator
-
- Suárez-Canedo, Luis R.
- Advisors dc:contributor.advisor
-
- Rodríguez-Romero, Mar
- Torres Santomé, Jurjo (Jorge)
Subjects
dc:subject × 2Rights
dc:rights.accessrights- Statement dc:rights.accessrights
-
- open access
- Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido desta tese a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo da tese como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de esta tesis a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen de la tesis como a su contenido
- Language dc:language.iso
- glg
Identifiers
dc:identifier.*- Handle dc:identifier.uri
- https://hdl.handle.net/2183/23418