Universidade da Coruna
Identificación de moléculas reguladoras del envejecimiento articular para el tratamiento de la artrosis
Abstract
dc:description.abstract[Resumo] Os fallos nos mecanismos de homeostase relacionados coa idade, como o defecto de autofaxia e a acumulación de células senescentes, contribúen á dexeneración da cartilaxe e á artrose (OA), para a cal no existen fármacos modificadores da enfermidade. O noso obxectivo desta Tesis Doutoral foi identificar compostos reguladores de ambos procesos para o tratamento da OA. Para iso, os condrócitos humanos foron tratados con IL-6, unha citoquina pro-inflamatoria presente no secretoma das células en estado de senescencia, para inducir senescencia e inhibir o fluxo de autofaxia. Para a realización dun cribado de alto rendemento con compostos da quimioteca de reposicionamento Prestwick de medicamentos aprobados, a actividade asociada á senescencia β-Galactosisada (SA-β-Gal) e o marcador LC3 foron empregados como marcadores de senescencia e de fluxo de autofaxia, respectivamente. Como resultado identificáronse 14 compostos con actividade senoterapéutica e pro-autofáxica, dos cales escolleuse para a súa confirmación o Fenofibrato (FN), un fibrato e agonista PPARα empleado no tratamento das dislipemias en humanos, para a súa confirmación dada a relevancia do seu mecanismo de acción metabólico. Modelos preclínicos celulares, tisulares e de sangue de pacientes artrósicos e envellecidos foron empregados para testar a eficacia e a relevancia de activar PPARα para o tratamento da OA. Os resultados mostraron que o FN eliminou selectivamente as células senescentes a través da vía de apoptose, incrementou o fluxo de autofaxia e protexeu fronte a degradación da cartilaxe. Ademais, a expresión de PPARα redúxse en ratóns envellecidos e artrósicos e en sangue e na cartilaxe procedente de pacientes con OA de rodilla. É importante destacar que nun estudio retrospectivo en pacientes con OA de rodilla procedentes da cohorte americana Osteoarthritis Initiative (OAI), o tratamento con fibratos mellorou significativamente as condicións clínicas. Estes resultados demostran que os fibratos, fármacos aprobados para o tratamento de alteracións no metabolismo lipídico, poderían ter unha inmediata utilidade clínica para o tratamento do envellecemento articular e da OA.
Author and committee
dc:creator, dc:contributor.*- Author dc:creator
-
- Nogueira Recalde, Uxía
- Advisors dc:contributor.advisor
-
- Caramés, Beatriz
- Blanco García, Francisco J
Subjects
dc:subject × 15Rights
dc:rights.accessrights- Statement dc:rights.accessrights
-
- open access
- Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido desta tese a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo da tese como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de esta tesis a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen de la tesis como a su contenido
- Language dc:language.iso
- spa
Identifiers
dc:identifier.*- Handle dc:identifier.uri
- https://hdl.handle.net/2183/24471