Back to search

Universidade da Coruna

Vulnerabilidad Genética de la Transexualidad: análisis de una población española

Abstract

dc:description.abstract

[Resumo] A transexualidade caracterízase por unha marcada incongruencia entre o xénero e o sexo biolóxico. Os transexuais buscan a transición home-muller (MtF) ou muller-home (FtM). A revisión da literatura mostra que a concordancia é maior nos xemelgos monocigóticos que nos dicigóticos, o que suxire a contribución xenética. Obxectivos: A primeira parte da investigación consistiu na análise citoxenética e molecular do cariotipo dunha poboación transexual. Posteriormente realizouse a análise molecular de sete polimorfismos xenéticos, catro polimorfismos de repetición: ERα-rs3138774, ERβ- rs113770630, AR-rs193922933 e CYP19-rs60271534, e tres polimorfismos de única base (SNPs): ERα-rs2234693, ERα-rs9340799 y CYP17-rs743572, nunha poboación de 974 transexuais e 1.327 controis. O diagnóstico e selección da mostra realizouse nas Unidades de Identidade de Xénero dos Hospitais Clínic (Barcelona) e Carlos Haya (Málaga). Material e Métodos: A análise do cariotipo realizouse ca técnica de bandas G, e co microarray Affymetrix CytoScan™ high-density. O estudo dos polimorfismos consistiu na amplificación das rexións polimórficas e o posterior establecemento dos xenotipos mediante electroforeses capilar (3130 XL Genetic Analyzer) para os polimorfismos de repetición, ou mediante dixestión encimática no caso dos polimorfismos dunha soa base. A análise das frecuencias realizouse aplicando o test de Mann-Whitney ou o test de chicuadrado co software SPSS® 23.0. A análise das interaccións realizouse mediante regresión loxística binaria co software SNPStats. Os falsos positivos foron controlados ca corrección de Bonferroni. Resultados: Os receptores de estróxenos alfa e beta están implicados na base xenética da transexualidade. A poboación FtM mostrou un maior número de repeticións CA no polimorfismo ERβ-rs113770630 que a poboación control. E as frecuencias alélicas e xenotípicas do polimorfismo ERα-rs9340799 (xenotipo A/A) foron tamén significativas en FtM. Atopáronse combinacións alélicas significativas para ERα-rs9340799, ERβ- rs113770630 e AR-rs193922933 na poboación MtF. Conclusión: O receptor de estróxenos alfa e beta xoga un papel clave na diferenciación sexual do cerebro na nosa especie.

Author and committee

dc:creator, dc:contributor.*
Author dc:creator
  • Cortés-Cortés, Joselyn
Advisors dc:contributor.advisor
  • Pásaro, Eduardo
  • Fernández, Rosa

Subjects

dc:subject × 3

Rights

dc:rights.accessrights
Statement dc:rights.accessrights
  • open access
  • Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido desta tese a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo da tese como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de esta tesis a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen de la tesis como a su contenido
Language dc:language.iso
spa

Identifiers

dc:identifier.*
Handle dc:identifier.uri
https://hdl.handle.net/2183/24571

Chain of custody

source
Harvested from
Universidade da Coruna
Base URL
ruc.udc.es/rest/oai/request
Last updated
2026-11-26
Source record
OAI-PMH GetRecord
citation

Cortés-Cortés, Joselyn. Vulnerabilidad Genética de la Transexualidad: análisis de una población española. 2019. https://hdl.handle.net/2183/24571