Back to search

Universidade da Coruna

Proceso de construción do territorio rural en Galicia

Abstract

dc:description.abstract

[Resumo] No territorio desenvólvese a vida e no seu proceso de adaptación os seus habitantes xeran formas. Configuran o seu mundo, unha xeografía propia, uns espazos de uso/vida, por iso póñenlle nomes (meticulosos e locais), fanos recoñecibles, crean cultura. A paisaxe é unha invención cultural e estética recente que para os habitantes do rural non existía, sentíase e expresábase doutro xeito. Para nós representa o esforzo) a capacidade técnica e organizativa do grupo humano, a vontade de xerar espazos de vida/acttvidade, e tipificamos os sistemas de formas como: camiños, parcelario e arquitecura, e entendémolos vinculados á unha actividade, a agricultura. Entendida a realidade como testemuña da evolución histórica, calquera pegada/vestixio é unha invitación a comprender a súa complexidade, froito de actuacións que implican ao medio e afectan ás relacións entre obxecto, lugar e actividade, e calquera transformación deberá ser consecuencia dunha necesidade e para un uso. Traballo, experiencia, creatividade, en resumo cultura, que se transmite e implica á fala, ás costumes, actividades e xeitos de relacionarse, sempre referida a unha poboación, asemade, explica as transformacións e a súa tendencia. Cultura que se debe comprender sen idealizar nin caricaturizar, para podela transformar/ adaptar sen destruir. A relación entre o mundo rural e o mundo urbano é complexa.Sabemos que no senso máis xeral os dous pódense- entender como etapas da construción e cantal do medio polo home. Nos seus cambios, na súa evolución vanse establecendo diferentes relacións. Na investigación reflexiónase sobre elas, partindo do mundo rural, sabendo que ante a incerteza da forma do territorio hoxe, ternos que afondar no seu coñecemento e que para ilo é necesario ter en conta estas novas relacións que van xurdindo para poder aproximarnos a entender o que acorre hoxe e albiscar como será o futuro.

Author and committee

dc:creator, dc:contributor.*
Author dc:creator
  • Vázquez-Mosquera, José M.
Advisors dc:contributor.advisor
  • Gallego Jorreto, Manuel
  • Martínez Suárez, Xosé Lois

Subjects

dc:subject × 3

Rights

dc:rights.accessrights
Statement dc:rights.accessrights
  • open access
  • Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido desta tese a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo da tese como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de esta tesis a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen de la tesis como a su contenido
Language dc:language.iso
glg

Identifiers

dc:identifier.*
Handle dc:identifier.uri
https://hdl.handle.net/2183/24857

Chain of custody

source
Harvested from
Universidade da Coruna
Base URL
ruc.udc.es/rest/oai/request
Last updated
2026-11-26
Source record
OAI-PMH GetRecord
citation

Vázquez-Mosquera, José M.. Proceso de construción do territorio rural en Galicia. 2019. https://hdl.handle.net/2183/24857