Back to search

Universidade da Coruna

Simple but Not Simplistic: Reducing the Complexity of Machine Learning Methods

Abstract

dc:description.abstract

[Resumo] A chegada do Big Data e a explosión do Internet das cousas supuxeron un gran reto para os investigadores en Aprendizaxe Automática, facendo que o proceso de aprendizaxe sexa mesmo roáis complexo. No mundo real, os problemas da aprendizaxe automática xeralmente teñen complexidades inherentes, como poden ser as características intrínsecas dos datos, o gran número de mostras, a alta dimensión dos datos de entrada, os cambios na distribución entre o conxunto de adestramento e test, etc. Todos estes aspectos son importantes, e requiren novoS modelos que poi dan facer fronte a estas situacións. Nesta tese, abordáronse todos estes problemas, tratando de simplificar o proceso de aprendizaxe automática no escenario actual. En primeiro lugar, realízase unha análise de complexidade para observar como inflúe esta na tarefa de clasificación, e se é posible que a aplicación dun proceso previo de selección de características reduza esta complexidade. Logo, abórdase o proceso de simplificación da fase de aprendizaxe automática mediante a filosofía divide e vencerás, usando un enfoque distribuído. Seguidamente, aplicamos esa mesma filosofía sobre o proceso de selección de características. Finalmente, optamos por un enfoque diferente seguindo a filosofía do Edge Computing, a cal permite que os datos producidos polos dispositivos do Internet das cousas se procesen máis preto de onde se crearon. Os enfoques propostos demostraron a súa capacidade para reducir a complexidade dos métodos de aprendizaxe automática tradicionais e, polo tanto, espérase que a contribución desta tese abra as portas ao desenvolvemento de novos métodos de aprendizaxe máquina máis simples, máis robustos, e máis eficientes computacionalmente.

Author and committee

dc:creator, dc:contributor.*
Author dc:creator
  • Morán-Fernández, Laura
Advisors dc:contributor.advisor
  • Bolón-Canedo, Verónica
  • Alonso-Betanzos, Amparo

Subjects

dc:subject × 4

Rights

dc:rights.accessrights
Statement dc:rights.accessrights
  • open access
  • Atribución-NoComercial 3.0 España
Language dc:language.iso
eng

Identifiers

dc:identifier.*
Handle dc:identifier.uri
https://hdl.handle.net/2183/26434

Chain of custody

source
Harvested from
Universidade da Coruna
Base URL
ruc.udc.es/rest/oai/request
Last updated
2026-11-26
Source record
OAI-PMH GetRecord
citation

Morán-Fernández, Laura. Simple but Not Simplistic: Reducing the Complexity of Machine Learning Methods. 2020. https://hdl.handle.net/2183/26434