Universidade da Coruna
Automatic Rescaling and Tuning of Big Data Applications on Container-Based Virtual Environments
Abstract
dc:description.abstract[Resumo] As aplicacións Big Data actuais evolucionaron dun xeito significativo, dende fluxos de traballo baseados en procesamento por lotes ata outros máis complexos que poden requirir múltiples etapas de procesamento usando diferentes tecnoloxías, e mesmo executándose en tempo real. Doutra banda, para despregar estas aplicacións, os clusters ‘commodity’ foron substituídos nalgúns casos por paradigmas máis flexibles como o Cloud, ou mesmo por outros emerxentes como a computación ‘serverless’, precisando ambos paradigmas de tecnoloxías de virtualización. Esta Tese propón dúas contornas que proporcionan modos alternativos de realizar unha análise en profundidade e unha mellor xestión dos recursos de aplicacións Big Data despregadas en contornas virtuais baseadas en contedores software. Por unha banda, a contorna BDWatchdog permite realizar unha análise de gran fino e en tempo real en termos do uso dos recursos do sistema e do perfilado do código. Doutra banda, descríbese unha contorna para o reescalado dinámico e en tempo real dos recursos segundo un conxunto de políticas configurables. A primeira política proposta céntrase no reescalado automático dos recursos dos contedores segundo o uso real que as aplicacións fan dos mesmos, proporcionando así unha contorna ‘serverless’. Ademais, preséntase unha política alternativa centrada na xestión enerxética que permite implementar os conceptos de limitación e presuposto de potencia, que poden aplicarse a contedores, aplicacións ou mesmo usuarios. En xeral, as contornas propostas nesta Tese tratan de poñer de relevo o potencial de aplicar novos xeitos de analizar e axustar os recursos das aplicacións Big Data despregadas en clusters de contedores, mesmo en tempo real. Os casos de uso presentados son exemplos diso, demostrando que as aplicacións Big Data poden adaptarse a novas tecnoloxías ou paradigmas sen teren que cambiar as súas características máis intrínsecas.
Author and committee
dc:creator, dc:contributor.*- Author dc:creator
-
- Enes, Jonatan
- Advisors dc:contributor.advisor
-
- Expósito, Roberto R.
- Touriño, Juan
Subjects
dc:subject × 3Rights
dc:rights.accessrights- Statement dc:rights.accessrights
-
- open access
- Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido desta tese a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo da tese como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de esta tesis a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen de la tesis como a su contenido
- Language dc:language.iso
- eng
Identifiers
dc:identifier.*- Handle dc:identifier.uri
- https://hdl.handle.net/2183/26610