Back to search

Universidade da Coruna

Aproveitamento de residuos agroforestais como fonte de biogas e compost

Abstract

dc:description.abstract

[Resumo] En Galicia o uso forestal representa aproximadamente 2/3 da superficie total. A súa elevada produtividade ocasiona importantes cantidades fitomasa, en moitas ocasións sen valor comercial e susceptible de ser valorizada. Ao tratárense de materiais cunha elevada proporción de C, avaliouse a súa participación en compostaxe engadindo xurro de gando porcino, vector de auga e N, para impulsar o proceso. Ademais integráronse por primeira vez lodos resultantes da fabricación de taboleiros de fibra de media densidade (MDF) como aditivo a co-compostar. Os estudos ampliáronse coa avaliación de produción de biometano a partires da dixestión anaerobia destes lodos e das augas de proceso da industria de taboleiros MDF. Os resultados acadados confirman a súa aptitude para seren transformados baixo as dúas técnicas (compostaxe e dixestión anaerobia) , subliñando factores a ter en conta para mellorar a eficiencia dos procesos. A investigación procurou a búsqueda de sinerxías entre distintos fluxos de residuos do sector agrogandeiro galego. Os beneficios acadados traduciríanse nunha vía de xestión distinta á aplicación directa ao solo das dexeccións gandeiras líquidas, da valorización dos residuos da industria forestal, e unha redución do combustible no monte co gallo de reducir o risco de incendio forestal.

Author and committee

dc:creator, dc:contributor.*
Author dc:creator
  • Arias Vázquez, Óscar
Advisor dc:contributor.advisor
  • Soto, Manuel

Subjects

dc:subject × 3

Rights

dc:rights.accessrights
Statement dc:rights.accessrights
  • open access
  • Atribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 España
Language dc:language.iso
glg

Identifiers

dc:identifier.*
Handle dc:identifier.uri
https://hdl.handle.net/2183/27064

Chain of custody

source
Harvested from
Universidade da Coruna
Base URL
ruc.udc.es/rest/oai/request
Last updated
2026-11-26
Source record
OAI-PMH GetRecord
citation

Arias Vázquez, Óscar. Aproveitamento de residuos agroforestais como fonte de biogas e compost. 2020. https://hdl.handle.net/2183/27064