Back to search

Universidade da Coruna

Los apremios pecuniarios en los procesos laborales:un estudio comparado de los ordenamientos portugués, español y norteamericano

Abstract

dc:description.abstract

[Resumo] A análise comparativa a tres bandas (norteamericana, española e portuguesa) realizada neste traballo de tese de doutoramento, en relación coa institución do apremio pecuniario laboral, ten un carácter rigorosamente inédito (e, consecuentemente, orixinal) non só na doutrina científica laboralista portuguesa, senón tamén na doutrina científica laboralista española. Esta orixinalidade magnifícase polo feito de que a comparación realizada fai referencia a un sistema de «common law», como o norteamericano, por un lado, e a dous sistemas de «Dereito civil» romano-xermánicos ou continentais, como o Portugués e o español, por outro lado. O asunto abordad nesta tese de doutoramento ten que ver directamente cun dos piares estruturais de todo o Estado de Dereito, referíndose a como vencer efectivamente a resistencia dun condenado nos procesos laborais a cumprir a resolución xudicial condenatoria do mesmo, e que o devandito condenado atreveuse a desafiar. A este respecto, contrastan radicalmente as sancións norteamericanas por «desacatao á corte» (punitivas, coercitivas e compensatorias, carentes de teitos ou topes máximos que deban cumprir os tribunais norteamericanos ao impoñer tales restricións) non só cos apremios pecuniarios laborais españois, executivos e non executivos, senón tamén coa chamada sanción pecuniaria compulsoria existente en Portugal, coas súas dúas variantes máis típicas (isto é, a xudicial e a legal ou automática). A concreta metodoloxía xurídica comparatista empregada nesta tese de doutoramento, ancorada na identificación de estruturas que permitisen extraer froitos comparatistas relevantes (concretados nas vinte conclusións científicas, nas que precipitou este traballo de doutoramento, redactadas en portugués e en castelán), permitiu estender a comparación efectuada a outros ordenamentos laborais distintos dos tres citados, pero tidos en conta pola doutrina científica portuguesa do século pasado, pioneira no tratamento xurídico en Portugal do tema da sanción pecuniaria compulsoria (máis en concreto, os ordenamentos francés, alemán e británico).

Author and committee

dc:creator, dc:contributor.*
Author dc:creator
  • Almeida Carneiro, Luis Ferreira de
Advisors dc:contributor.advisor
  • Arufe Varela, Alberto
  • Martínez Girón, Jesús

Subjects

dc:subject × 7

Rights

dc:rights.accessrights
Statement dc:rights.accessrights
  • open access
  • Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido desta tese a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo da tese como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de esta tesis a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen de la tesis como a su contenido
Language dc:language.iso
spa

Identifiers

dc:identifier.*
Handle dc:identifier.uri
https://hdl.handle.net/2183/27395

Chain of custody

source
Harvested from
Universidade da Coruna
Base URL
ruc.udc.es/rest/oai/request
Last updated
2026-11-26
Source record
OAI-PMH GetRecord
citation

Almeida Carneiro, Luis Ferreira de. Los apremios pecuniarios en los procesos laborales:un estudio comparado de los ordenamientos portugués, español y norteamericano. 2020. https://hdl.handle.net/2183/27395