Universidade da Coruna
Hybrid Organic-inorganic Materials with Phase Transitions for Solid-state Cooling and Solar Thermal Energy Storage
Abstract
dc:description.abstract[Resumo] A presente tese de doutoramento céntrase no estudo de materiais híbridos orgánicos-inorgánicos con transicións de fase para aplicacións de refrixeración en estado sólido e almacenamento de enerxía. Dada a importancia de substituír os compostos perigosos, tóxicos e/ou contaminantes empregados en ditas aplicacións, este traballo céntrase na selección, deseño e síntese de materiais con unidades orgánicas e inorgánicas que poidan proporcionar transicións de fase altamente enerxéticas e outras propiedades funcionais, fundamentais para sistemas enerxéticos como a refrixeración en estado sólido e o almacenamento de enerxía. Estudouse a estrutura química e as propiedades funcionais (calóricas, eléctricas e magnéticas) para analizar o comportamento dos materiais e contemplar opcións innovadoras dada a multi-sensibilidade a diferentes estímulos (temperatura, presión ou campo eléctrico). Como resultado desta investigación, a perovskita híbrida [(CH3)4N]Mn(N3)3 e os cristais plásticos híbridos [(CH3)3(CH2Cl)N]FeCl4, [(CH3)3(CH2Cl)N]GaCl4 e [(CH3)3S]FeCl4 reportanse como materiais barocalóricos prometedores para aplicaciós de refrixeración en estado sólido. Ademais, [(CH3)3(CH2Cl)N]GaCl4 e [(CH3)3S]FeCl4, que son materiais novos reportados nesta tese, presentan propiedades calóricas, eléctricas e magnéticas moi interesantes e axeitadas para aplicacións de almacenamento de enerxía térmica solar e a posibilidade de combinalas con almacenamento de enerxía eléctrica para sistemas multi-funcionais. Os resultados aquí presentados son unha aportación para o desenvolvemento de sistemas sostibles e respectuosos co medio ambiente para o uso e almacenamento de enerxía.
Author and committee
dc:creator, dc:contributor.*- Author dc:creator
-
- Salgado-Beceiro, Jorge
- Advisors dc:contributor.advisor
-
- Sánchez-Andújar, Manuel
- Castro-García, Socorro
Subjects
dc:subject × 4Rights
dc:rights.accessrights- Statement dc:rights.accessrights
-
- open access
- Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido desta tese a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo da tese como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de esta tesis a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen de la tesis como a su contenido
- Language dc:language.iso
- eng
Identifiers
dc:identifier.*- Handle dc:identifier.uri
- https://hdl.handle.net/2183/29318