Universidade da Coruna
Sistema combinado dixestor-humidal seguido de fotodegradación para a depuración de augas residuais e contaminantes orgánicos emerxentes
Abstract
dc:description.abstract[Resumo] Na Galiza, o modelo actual de asentamento da poboación caracterízase pola súa alta dispersión xeográfica, con núcleos de até 2000 habitantes que representan o 48% da poboación total. Así, o tratamento descentralizado das augas residuais xorde como unha solución lóxica para abordar os problemas de sustentabilidade dos sistemas convencionais, impulsando os sistemas baseados na natureza. Entre eles, os humidais construídos que, en combinación con dixestores anaerobios, acadan un alto rendemento na depuración das augas residuais urbanas en canto aos parámetros convencionais de calidade de auga. Para acadar un tratamento avanzado das augas residuais urbanas, na presente tese experimentouse un sistema compacto de tres etapas: dixestor anaerobio (pre-tratamento), humidal construído de fluxo vertical (como principal unidade de tratamento) e fotodegradación (post-tratamento). Este sistema combinado perseguiu, principalmente, a intensificación na eliminación de nitróxeno, de contaminantes orgánicos emerxentes e de microorganismos patóxenos con dotacións de superficie que non superen 1m2/habitante equivalente. Ademais, probouse un novo deseño de dixestor anaerobio híbrido, para facilitar a súa integración nos sistemas combinado dixestor-humidal, así como varios post-tratamentos baseados na fotocatálise heteroxénea. Finalmente, tanto a escala de laboratorio como de planta piloto, acadouse unha alta eficacia de tratamento no sistema combinado dixestor-humidal-fotodegradación sobre os parámetros estudados.
Author and committee
dc:creator, dc:contributor.*- Author dc:creator
-
- Sánchez Núñez, Marta
- Advisors dc:contributor.advisor
-
- Ruiz, Isabel
- Soto, Manuel
Subjects
dc:subject × 3Rights
dc:rights.accessrights- Statement dc:rights.accessrights
-
- open access
- Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido desta tese a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo da tese como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de esta tesis a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen de la tesis como a su contenido
- Language dc:language.iso
- glg
Identifiers
dc:identifier.*- Handle dc:identifier.uri
- https://hdl.handle.net/2183/29365